Se probaches os nosos picos sen glute, xa sabes que son a mellor opción para realzar os teus aperitivos. Con que che gusta máis combinalos? Con ensalada rusa, coas túas táboas de embutidos e queixos, para dipear coas túas salsas favoritas...?
Estes deliciosos pauciños enfornados son perfectos para aquelas persoas que seguen unha dieta sen glute, pero non queren renunciar a un aperitivo de sabor natural e apetitosa textura crocante. Tampouco conteñen lactosa.
Son moi versátiles, xa que admiten múltiples combinacións e podes levalos a onde queiras para picar entre horas. Podes gozalos sós ou como complemento, como ti queiras! Ademais, son os mellores substitutos do pan nos teu xantares e ceas.
Lembra conservalos sempre a temperatura ambiente e mantelos nun lugar fresco e seco. Unha vez aberto consérvaos nun envase cerrado e consúmeos antes de tres días.
Ideas de consumo cos nosos Picos sen glute
Para dipear
A mellor elección para somerxer na túa salsa favorita e deleitarte coa mestura perfecta. Estes irresistibles picos son os compañeiros ideais do guacamole, o hummus ou a crema de queixo. Teñen o tamaño perfecto para gozar da experiencia, en canto empeces a dipear, non poderás parar!
Para acompañar as túas táboas de xamón, queixos e embutido
Os picos sen glute combinan á perfección coas túas táboas de embutido, xamón e todo tipo de queixos. Enrolar o embutido no pico é un delicioso ritual e a mellor forma de degustar esta mestura. Non esquezas os picos cando montes as túas táboas de chacinería, porque son os mellores elementos para decoralas.
Coa túa ensalada rusa
Isto é un clásico entre os clásicos. Que sería da ensalada rusa sen os seus picos crocantes? Se é que son a parella perfecta! Decora a túa ensalada cos picos a xeito de banderilla, vaia espectáculo! Ao final non quedará nin un.
Outras recomendacións
Dámosche as mellores ideas para organizar o teu menú semanal sen glute.
Combina os picos sen glute coas nosas Ensaladas de sabores caseiros. Tes unha boa gama onde elixir.
Aprende a preparar esta deliciosa receita de Pizza sen glute.