Conos de Helado de Mercadona

Conos de Mercadona para este verán, cal é o teu preferido?

17 de xullo de 2017

Este verán dálle gusto ao teu padal cos Conos de Xeado de Mercadona. Tes diferentes sabores de xeado para todos os gustos. Escolle o xeito máis doce para te refrescares este verán co cono de xeado que máis che gustar. Cal é o teu preferido?

Os conos de xeado máis irresistibles en Mercadona

Para este verán tes ao teu dispor 5 tipos de deliciosos conos de xeados, que podes gozar en cómodos paquetes de 6 unidades:

  • Cono de Chocolate e Nata
  • Cono de Vainilla
  • Cono de Trufa e Nata
  • Cono de Nata
  • Cono de Amorodo e Nata

Os catro primeiros Conos de Xeado de Mercadona conteñen ademais un delicioso topping caramelizado con cobertura de chocolate.

Para un sabor especial, o Cono de Amorodo e Nata leva tamén un refrescante xarope de amorodo que te acompañará en cada bocado.

Para alén diso, todos os conos che ofrecen unha sorpresa final dentro do seu crocante cornete, unha gran punta de delicioso chocolate que non te deixará indiferente.

Como gozar dos deliciosos conos xeados de Mercadona

Os conos de Mercadona encóntranse dispoñibles en packs de 6 unidades. Por esa razón son unha opción perfecta para compartires cos amigos ou en familia durante calquera momento do día no verán. Pode servir como unha deliciosa sobremesa ou como unha refrescante merenda. Ti escolles cando gozalos!

Estes conos de xeado tamén son unha mostra máis da aposta de Mercadona por produtos fabricados por empresas españolas. Os conos de Chocolate e Nata, Vainilla, e Trufa e Nata están fabricados por A.I.A.D.H.E.S.A. en San Vicente del Raspeig (Alicante); mentres que os conos de Nata e Amorodo e Nata se elaboran por Crestas la Galeta, S.A. en Alcobendas (Madrid).

Cómpre que conserves os Conos de Xeado de Mercadona no conxelador a temperaturas inferiores a -18ºC. Só precisas sacalos, quitalles o envoltorio e gozar do delicioso sabor que teñas escollido.

Poderás suxeitalos mellor grazas ao seu crocante barquillo, o toque perfecto para acompañares os doces e refrescantes bocados, para alén de conter unha sorpresa de chocolate na súa punta, ideal para o toque final que procuras.

Este verán escolle unha das 5 variedades de Conos de Xeado de Mercadona e goza dun refrescante e doce antollo. Cal é o teu favorito?

Outras recomendacións

Este verán tamén te podes refrescar coas novas Bebidas Frías con Leite de Mercadona, unha deliciosa opción dispoñible en sabores Cacao, Matcha Latte e Mango Lassi.

Tamén che recomendamos o novo Tinto de Verano Zero de Mercadona, con 0% azucres e 0% alcol. Irresistiblemente fresco!