Presentámosche as nosas fogazas de pan, co seu sabor, coa súa codia e miga inconfundibles. Na nosa sección de forno encontrarás unha ampla selección, ideais para tomalas como torradas ou para acompañar os teus xantares e as túas ceas.
A continuación, ensinámosche as nosas fogazas de pan e facémosche unha proposta de torrada para cada unha delas. Gózaas!
Broa ou Pan de Millo
- Fogaza típica portuguesa elaborada con millo.
- O millo achégalle un sabor doce característico cunha codia moi crocante.
- Especialmente indicada para aqueles que buscan “algo diferente e especial”.
Proposta de torrada
- Fogaza de broa lixeiramente torrada con queixo ricotta, cuarteiróns de laranxa (pelados e cortados con incisións de coitelo), dúas follas de menta, améndoa crúa cortada en anacos e aceite de oliva virxe extra.
Sementes 12,5 %
- Fogaza elaborada sen conservantes, cunha calidade e calidez de obradoiro.
- Melloramos este produto triplicando a porcentaxe de sementes.
Proposta de torrada
- Bruschetta (anaco de pan de sementes levemente torrado), untado lixeiramente de salsa pesto, con mozzarella de búfala esmiuzada (ou perlas de mozzarella), unha pouca eiruga, tomates cereixa lixeiramente asados (10 minutos de forno a 200 ºC con aceite) e vinagre de Módena.
50 % Centeo
- Fogaza elaborada cun 50 % de fariña de centeo, un 50 % de fariña de trigo e sen conservantes.
- O centeo consegue unha alta achega en fibra e proteína.
- É ideal para aqueles que buscan coidarse.
- Pola súa forma rectangular, este pan resulta perfecto para torradas con alto contido en fibra.
Proposta de torrada
- Torrada de pan de centeo con aguacate cortado en abano, un lisco de salmón afumado, un ovo escalfado (cocido 3 minutos en auga con vinagre para conseguir exterior cocido e interior líquido) e sementes variadas para decorar.
Pistacho e froitos vermellos
- Fogaza especial, elaborada con pistacho e froitos vermellos.
- Ten unha porcentaxe elevada tanto de pistacho como de froito vermello, o que lle achega un crocante e alto sabor en cada mordida.
- Ten unha miga verde proporcionada polo pistacho.
- No ten conservantes e é ideal para unha experiencia gourmet.
Proposta de torrada
- Torrada de doce de marmelo e queixo fresco.
Outras recomendacións
Descubre a nosa variedade de Queixiños en porcións para os teus almorzos e as túas merendas.