O espírito do Nadal motívanos a todos a compartirmos… así que comparte as nosas lamberetadas tamén! Agora podes gozar dunhas festas larpeiras coas Diverxuxes Hacendado.
Que son as Diverxuxes Hacendado?
As Diverxuxes Hacendado consisten nunha divertida e completa variedade de caramelos e larpeiradas para todos os gustos!
Unha Bolsa de Diverxuxes Hacendado está composta por deliciosas larpeiradas de todo tipo, como caramelos brandos, lamberetadas de goma, caramelos comprimidos efervescentes, Escalofrío, a doce larpeirada de amorodo, etc.
Por que todo o mundo quere Diverxuxes Hacendado?
As Diverxuxes Hacendado son sen glute, o que permite a máis xente poder gozar delas, incluso as persoas celíacas.
Ademais, as Diverxuxes Hacendado pódense adquirir nunha cómoda e práctica bolsa mais, dentro dela, as lamberetadas e os caramelos teñen cadenseu envoltorio. Grazas a estaren presentadas deste xeito, cada un pode tomar as que máis lle gusten e ademais mantéñense mellor conservadas, por se queres deixar algunhas para outro día.
Este Nadal, as Diverxuxes Hacendado son ideais para que todos poidades gozar e adozar calquera ocasión durante estas entrañables festas. Elixe as túas e comparte o resto cos teus amigos para pasar as festas máis larpeiras!
Outras recomendacións
Outra opción doce para este Nadal son os bombóns de Mercadona: Variedade Senzza, Cremosso Senzza, Delicias de Abelás, Bombóns Mondose ou Trufas, para teres un Nadal moi, moi doce.
Nun Nadal non pode faltar o inconfundible sabor do turrón. Estas festas tes até 6 deliciosos Turróns Hacendado e ningún deles contén glute.
E se preferires, tamén podes escoller entre a ampla diversidade de Variedades de galletas e pastas para o Nadal. Imposible resistirse a probalos.