Descubre nuestro amplio surtido de Chocolates de Pascua.

Chocolates e doces de Pascua de Mercadona

06 de marzo de 2024

A Pascua está a caer e, coma sempre, trae sabores doces que a todos nos gustan. Queres celebrala con nós?

A nosa variada selección para estas datas ten como protagonistas os tradicionais Chocolates de Pascua, perfectos para utilizar con xogos, para levar nas comidas ao aire libre e compartir momentos especiais con familiares e amigos. Queres descubrilo? Dende os clásicos ovos e coellos de chocolate ata piruletas e outras figuras irresistibles.

Ademais dos deliciosos chocolates, ofrecémosche larpeiradas, os nosos doces para compartir e gozar en familia e outras suxestións para que estas festas sexan moi saborosas, pero tamén moi divertidas. Celebra a Pascua con Mercadona, non perdas detalle!

Chocolates de Pascua en Mercadona

Ovos con recheo de sabor e diversión

Huevos rellenos de sabor y diversión Mercadona

Ovo disquiños: un dos clásicos obrigados da Pascua, irresistible combinación metade chocolate branco e metade chocolate con leite. Prepárate para a gran sorpresa: inclúe disquiños de diferentes cores no seu interior. Ideal para compartir nestas festas. Preséntase nun paquete de 150 g. Sen glute.

Miniovos con recheo: cada bolsiña de 150 g inclúe dous tipos de ovos con recheo: ovo de chocolate con leite con recheo de leite e cereais crocantes e ovo de chocolate con leite con recheo de crema de abelá e cereais crocantes. Unha combinación perfecta de sabores nun mesmo paquete que sempre triunfa.

Coellos de chocolate, a maxia da Pascua

Conejos de chocolate Mercadona

Coello de chocolate con leite: un imprescindible da tempada que volve unha Pascua máis. Esta adorable figura este ano ten un peso de 60 g, un tamaño máis pequeno que permite gozalo no momento que che apeteza e levalo a onde queiras. O centro de atención de calquera celebración pascueira.

Coello de chocolate branco: non podía faltar esta opción para os que prefiren o chocolate branco e o seu sabor máis delicado. Tamén é unha figura de 60 g.

Máis tentacións de chocolate: piruletas e selección

Piruletas y surtido de chocolate Mercadona

Selección de chocolate: unha exquisita selección de figuras e ovos pequenos de chocolate con leite que te conquistarán rapidamente. Preséntanse nun paquete de 200 g. Sen glute. Perfecta para compartir con amigos e familiares durante as celebracións da Pascua.

Piruletas: 3 piruletas de chocolate de 35 g con 3 deseños diferentes, para que elixas a que máis che guste e deas un toque divertido a estas datas.

Ovos Pokemon, Patrulla canina e Ovos chispeantes:

Huevos Pokemon, Patrulla canina y huevos chispeantes Mercadona

Ovo Pokemon: este ovo regresa cun deseño renovado que lles encantará aos fans Pokemon de todas as idades. Un ovo de chocolate con leite de 120 g que inclúe unha sorpresa especial no seu interior. Sen glute.

Ovo Patrulla canina: ovo de chocolate con leite que lles encantará aos seguidores desta serie. Tamén esconde unha simpática sorpresa dentro. Co mesmo peso de 120 g. Sen glute.

Ovos chispeantes: outra delicia para o teu padal. Contas con dous tipos de coellos aloucados que esconden ovos de chocolate con leite no seu interior e un sabor con estalo incluído.

Larpeiradas de Pascua

Golosinas de Pascua Mercadona

Mix Larpeiradas Pascua: unha selección de Larpeiradas cunha textura brandiña. Divírtete coa súa variedade de figuras, en distintas cores e sabores: flores, poliños, cenorias, coellos e ovos de Pascua. Ideais para compartir nestas festas.

Espetos: 4 modelos diferentes de espetos de Pascua. Nubes esponxosas de diferentes cores que forman a figura dun coello e un poliño en cada espeto. Unha opción divertida e colorida para dar un toque festivo ás celebracións da Pascua.

Ovos de caramelo con recheo: veñen cun delicioso recheo no seu interior. Non te poderás resistir.

Outros chocolates especiais para Pascua

Otros chocolates especiales para Pascua Mercadona

Chocoiris: cacahuetes bañados de chocolate con leite e coloreados. Unha atractiva mestura de sabores, texturas e cores para que lle dean un toque divertido a esta Pascua. Debido ao tamaño do produto, o seu consumo non é apto para menores de 5 anos.

Pintarolas: disquiños Pintarolas de chocolate con leite coloreados. Sen glute. Unha opción perfecta para gozar nos momentos doces da Pascua.

Anímaste a preparar un doce na casa?

Bizcocho casero Mercadona

Cociñar un doce caseiro pode ser unha idea excelente. Como xa é tradición, dámosche ideas de que doces podes preparar segundo a fariña que teñas na casa.

En Mercadona dispós dunha rica variedade de fariñas, cada unha delas indicada para receitas diferentes. Consulta todas as posibilidades e ¡a cociñar!

Doces do noso forno para compartir

Bizcochos y magdalenas del horno de Mercadona

Estes días de Pascua tan especiais son perfectos para compartir un biscoito ou calquera outro doce. Descubre toda a variedade de Biscoitos e madalenas que podes encontrar no noso forno.

Ideas para un pícnic xenial ao aire libre

Na Pascua, se o tempo acompaña, son moi recorridas as actividades de exterior e bo acompañamento para gozalas é un pícnic ao aire libre. Toma nota da nosa selección de produtos especialmente pensados para estas ocasións.

Outras recomendacións

Se vas cociñar nestas festas, anímaste a preparar un tiramisú? Coa nosa receita paso a paso é moi fácil.

Atréveste coa receita da Torta Pavlova con mascarpone e froitas silvestres?

Se tes tempo ou algún día libre, aproveita a nosa guía para limpar e organizar a túa neveira e conxelador ou para facer o cambio de armario.