AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Acompaña estas festas cos nosos chocolates de Pascua sen glute.

Chocolates de Pascua para unhas doces festas

20 de marzo de 2018

O costume de elaborar e intercambiar ovos de Pascua está enraizado en moitos países, trátase dunha tradición que permite que a Pascua a gocen grandes e cativos. Mantén esta divertida tradición e fai que todos a gocen ao máximo coa variedade de chocolates de Pascua sen glute que Mercadona preparou para estas datas. Podes encontrar produtos como: os ovos con disquiños, figuras e piruletas de Pascua, ovos coas personaxes dos Pitufos ou Miraculous e a nosa variedade de barriñas de chocolate.

Ovos con disquiños

Os ovos de chocolate con disquiños de cores sen glute son un xeito de agasallar diversión e mais sabor nestas festas de Pascua. Están compostos de chocolate con leite e levan crocantes disquiños no seu interior. Encontraralos nos andeis de Mercadona, en caixas de ovos de seis unidades envoltos de forma individual… e en divertidas cores!

Figuras e Piruletas de Pascua

As figuras e piruletas de Pascua son produtos clásicos nestas datas. En Mercadona poderás encontrar divertidas figuras de coelliños e mais de galiñas, alén dunha selección de piruletas de chocolate con varios deseños, entre os que hai coellos, pitiños ou gatiños. Quer as figuras quer as piruletas de Pascua, elaboradas de chocolate con leite, non conteñen glute. Preséntanse individualmente, o que as converte nun bonito e doce detalle.

Ovos Miraculous e mais dos Pitufos

As crianzas adoran as sorpresas e os agasallos agochados, por iso estes ovos sen glute coas personaxes de Miraculous e mais dos Pitufos vanos engaiolar. Son ovos de chocolate de alta calidade, envoltos de forma individual con papel de cores rechamantes e no seu interior encóntrase unha sorpresa orixinal e divertida.

Variedade de barriñas de chocolate

As barriñas de chocolate Hacendado son unha forma alegre de festexar a Pascua. Os maiores e mais os cativos da casa estarán encantados con esta variedade composta por ovos e figuriñas elaboradas a base de chocolate con leite sen glute. Cada unha delas envolta en brillantes e coloridos papeis.

Converte esta tradición nun divertido xogo ao agochar os ovos de Pascua pola casa ou polo teu xardín e anima os teus amigos aos procuraren. Abofé que todos gozaredes!

Outras recomendacións

Se es máis doutro tipo de doces, as galletas recheas de tiramisú ou de gofre con caramelo son outro xeito ideal para adozares estas festas de Pascua e, se prefires outra opción, proba a nosa torta de améndoa con caramelo e cacahuetes.