Visitaches ultimamente a nosa sección de cervexas? Pois temos unha boa noticia: grazas á colaboración cos nosos clientes aumentamos a calidade e melloramos o sabor das nosas cervexas.
Ademais, ampliamos a oferta para ofrecerche o servizo que estabas demandando.
Melloras na calidade das nosas cervexas
A través do noso modelo de coinnovación ou innovación conxunta cos nosos clientes dotamos a nosa cervexa clásica de máis corpo e mellor sabor.
Coñecendo mellor os gustos dos nosos clientes conseguimos ofrecer unha cervexa de maior calidade e ampliamos a nosa oferta co desenvolvemento de diferentes variedades de sabores.
Para conseguilo o noso departamento de compras buscou novos provedores especialistas en cervexas, pasando de 7 a 40.
Isto permitiunos elaborar as nosas cervexas básicas coas mellores materias primas e os mellores ingredientes 100% naturais.
A nova oferta de Cervexas en Mercadona
Grazas a estas melloras, ofrecémosche os seguintes tipos de cervexa:
Cervexas básicas con alcohol
5 variedades:
- Suave na Península e Baleares (ou Solajero en Canarias)
- Sabor a Sur
- Clásica
- Especial
- Ley de Pureza.
Nas cervexas Clásica e Especial suprimimos as botellas de 250 ml e incorporamos unha de 200 ml e outra de 330 ml.
Cervexas sen alcohol
2 tipos:
- Steinburg Sin
- Falke 0,0
Combinados
3 variedades:
- Shandy
- Radler
- Radler 0,0
Cervexas sen glute
2 tipos:
- Con alcohol
- Sin alcohol
Maior variedade en especialidades:
- De trigo
- Tostadas
- Lupuladas
- Amargas
- Más intensas…
Ademais, ofrecémosche unha cesta gratuíta para que poidas realizar a túa propia selección de especialidades.
Outras recomendacións
Coñeces a nosa Pizza Vegana? Unha pizza diferente que combina moi ben con calquera das nosas cervexas.
Recomendámosche tamén o noso clásico Guacamole, cun 95% de contido en aguacate fresco. Para dipear, en torradas ou wraps…