AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Celebra con Mercadona o Día Internacional da Cervexa, grazas á súa variedade de sabores.

Celebra o Día Internacional da Cervexa con Mercadona

03 de agosto de 2018

O primeiro venres de agosto celébrase o Día Internacional da Cervexa, un evento que se orixinou en 2007 en Estados Unidos e que se estendeu por todo o mundo.

En Mercadona seleccionamos algunhas das mellores elaboracións desta bebida fermentada, para que celebres coa familia e cos amigos este Día Internacional da Cervexa.

Cervexa Steinburg Suave

Unha opción clásica desta bebida, cun sabor agradable e moi refrescante.

A Cervexa Steinburg suave está recomendada para o día a día, sobre todo para aqueles aos que non lles guste a cervexa forte, pois ten 4,8% graos de alcohol.

Cervexa Dobre Malte

Se queres unha cervexa de sabor intenso, proba a nova Cervexa Dobre Malte de Mercadona. Alcanza os 7,4% graos de alcohol e ten unha característica tonalidade tostada.

O seu dobre malte é o responsable do seu inigualable sabor, principalmente amargo dende o principio ata o final. Esta cervexa presenta unha escuma fina, aínda que persistente en todo momento.

Como acompañamento, a Cervexa Dobre Malte é unha opción ideal para pratos con carne vermella ou de caza.

Cervexa Reserva

A Cervexa Reserva de Mercadona é outra opción de sabor intenso, que te acompaña todo o grolo, para os que queiran unha bebida con carácter.

Esta cervexa, como a Dobre Malte, tamén ten un ton tostado e a súa escuma é notable, densa e branca.

Á hora de acompañar unha comida, ten en conta a intensidade do seu sabor. É mellor escoller carnes suaves e peixe.

Cerveza Vermella

A Cervexa Vermella de Mercadona é unha das que pode ofrecerche un sabor máis intenso cos seus ata 8,5% graos de alcohol.

Visualmente é moi rechamante. O ton avermellado desta cervexa contrasta cunha escuma densa e persistente.

Esta cervexa é ideal para celebracións e eventos únicos, como o Día Internacional da Cervexa. Sírvea cos aperitivos e sorprende a todos os teus invitados co seu orixinal sabor.

Cervexa Abadía Tongerlo

Se buscas unha cervexa lixeira e refrescante, pero con máis corpo que as de baixa fermentación, a Cervexa Abadía Tongerlo pode ser a túa mellor elección.

Esta cervexa foi elaborada cunha segunda fermentación que é a que lle confire ese sabor tan característico, sen perder nada da súa lixeireza orixinal.

Acompaña a comida con Cervexa Abadía Tongerlo cando teñas asados lixeiros, por exemplo tenreira e polo. Se o prefires, tamén se complementa á perfección con queixos novos e suaves.

Cervexa Steinburg Radler Pet

Un sabor orixinal, perfecto para gozar no verán e no Día Internacional da Cervexa.

A Cervexa Steinburg Radler Pet inclúe un toque de limón natural que resulta moi refrescante. Ademais o seu grao alcohólico baixo do 2,1% preséntaa como unha cervexa moi agradable para os meses en que vai máis calor.

Outras recomendacións

Celebra o Día Internacional da Cervexa cos Aperitivos de Verán de Mercadona, unha selección de snacks, froitos secos e outras opcións perfectas para acompañar a túa bebida favorita.

Unha refrescante cervexa é unha compañeira perfecta dunhas hamburguesas. Descubre a Receita de Mini Burgers vexetais de Mercadona, tres opcións para todos os gustos, coas que sorprender os teus invitados.