AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Mercadona únese ao Día Nacional do Celíaco no seu compromiso constante coas persoas que sofren intolerancias ou alerxias alimentarias.

Celebra con Mercadona o Día Nacional do Celíaco

27 de maio de 2019
  • O 27 de maio celébrase o Día Nacional do Celíaco, unha data que pretende dar visibilidade e apoio ás persoas celíacas.

En Mercadona celebramos o Día Nacional do Celíaco renovando o noso compromiso coa calidade de vida destas persoas. A enfermidade celíaca caracterízase pola intolerancia permanente ao glute que se presenta en individuos xeneticamente predispostos e que produce unha reacción inflamatoria, de base inmune.

Como idea, seleccionamos neste vídeo cinco pratos con produtos sen glute de Mercadona para o almorzo, a merenda da media mañá, o xantar, a merenda e a cea. Isto é só unha pequena mostra da gran cantidade de produtos aptos para persoas celíacas que podes encontrar nas nosas tendas.

Oferta de produtos sen glute de Mercadona en constante crecemento

Na última década ampliamos a nosa oferta de produtos sen glute. Actualmente, contamos con máis de 1.250 produtos libres desta proteína convenientemente envasados e identificados.

En Mercadona temos en conta tamén outras alerxias e intolerancias alimentarias. Por iso, traballamos a diario na mellora da oferta e identificación de produtos sen alérxenos.

Colaboración con asociacións de persoas celíacas

Mantemos unha estreita relación con diferentes asociacións de celíacos, de intolerancias e outras alerxias. Entre outras, a Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE), a Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute (ACSG), a Asociación Española de Persoas con Alerxia a Alimentos e Látex (AEPNAA) e Celíacs de Catalunya (SMAP). O obxectivo conxunto que nos une é a colaboración para encontrar solucións que satisfagan as necesidades de todas as persoas, e poder ofrecerlles produtos aptos para as súas dietas con todas as garantías.

Dende aquí o noso apoio neste día especial a todas as persoas celíacas e ás asociacións que traballan en favor deste colectivo.

Outras recomendacións

Se queres coñecer máis produtos aptos para celíacos, bota unha ollada a todos estes produtos sen glute de Mercadona.