AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Hoxe celébrase o Día Internacional da Croqueta. En Mercadona ofrecémosche unha exquisita selección.

Celebra con Mercadona o Día Internacional da Croqueta

16 de xaneiro de 2019

A croqueta é un delicioso manxar que lle gusta a todo o mundo. Por iso, non é estraño que teña o seu propio Día Internacional, o 16 de xaneiro. Así pois, hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Croqueta.

É un bocado exquisito e moi versátil, unha das tapas máis populares da nosa gastronomía, aínda que pode gozarse como petisco e tamén como complemento en calquera comida ou cea.

Admite diferentes receitas, pode prepararse con distintos ingredientes e ofrece variados sabores: xamón, polo, espinacas, cogomelos… Anímaste a celebrar este día con nós?

Goza a rica selección de Croquetas de Mercadona

Ofrecémosche unha ampla selección de croquetas para que elixas as que máis che gusten neste Día Internacional da Croqueta.

  • Croquetas de Xamón: como petisco entre horas ou formando parte de comidas ou ceas, sempre trunfan pola súa textura cremosa e eses anaquiños de xamón que enchen de sabor cada bocado.
  • Minicroquetas de Xamón: a versión reducida da croqueta de xamón, moi popular entre os máis pequenos da casa ou entre os que prefiren concentrar o agradable sabor a xamón nun só bocado.
  • Croquetas de Ibérico: destacan polo seu inconfundible e intenso sabor a xamón ibérico e pola súa rica consistencia. Por iso son tan populares en calquera reunión con familiares ou amigos.

Hacendado Día de la croqueta jamón

  • Croquetas de Polo: unha preparación clásica e apetitosa que nunca pasa de moda. Polo seu sabor suave e a súa agradable textura son habituais en tapas, comidas e ceas.
  • Croquetas de cocido: outra saborosa variedade que sempre é ben recibida en todas as mesas, co sabor característico dunha das nosas comidas máis populares.

Hacendado Día de la croqueta pollo cocido

  • Croquetas de Cogomelos: sorpréndete co sabor destas exquisitas croquetas, 100% vexetais, que inclúen agradables anaquiños de cogomelos e se saborean cun rebozado crocante.

Hacendado Día de la croqueta setas

  • Croquetas de espinacas: 100% vexetais. Deliciosas polo seu suave sabor a espinacas. A súa cremosa textura está acompañada por anaquiños de piñóns. Deléitate tamén co seu crocante rebozado.

Espinacas hacendado Día de la croqueta

Se xa te decidiches pola túa croqueta favorita, celebra con Mercadona o seu Día Internacional.

Outras recomendacións

Unha tapa de croquetas acompañada dunha boa Cervexa pode ser toda unha experiencia. Escolle a túa cervexa preferida e goza.