Catro propostas para que obsequies aos teus invitados coa copa ideal despois dunha comida ou cea.

Catro propostas para os teus invitados

27 de decembro de 2019

Apetéceche unha boa copa para completar esa entrañable comida ou cea? Buscas ideas para agasallar aos teus invitados? Toma nota: hai bebidas clásicas que nunca pasan de moda, e que os teus invitados agradecen sempre.

Descubre as novidades en xenebras, whisky e crema irlandesa que temos en Mercadona!

Catro propostas clásicas para obsequiar aos teus invitados coa copa ideal

Son datas de celebracións importantes, e calquera das copas que che suxerimos pode ser o broche perfecto para unha reunión familiar ou de amigos en bo ambiente e harmonía.

Gin-tonic

Un valor seguro que, ben preparado, nunca defrauda aos seus partidarios. O segredo dun bo gin-tonic pasa por servilo frío, coa medida xusta de xenebra, mesturada con tónica en proporción 1/4, e cun toque cítrico que refresque e anime o conxunto.

Aínda que podes preparar o combinado con calquera xenebra que encontres nos nosos lineais e que sexa do teu gusto, neste caso suxerímosche Gin Blumara, a nosa xenebra floral elaborada con parte de alcohol procedente do viño Albariño. Elaborada artesanalmente con quince ingredientes botánicos.

Tres recomendacións máis:

  • Usa a medida do tapón para servir a xenebra.
  • Engade codia de limón.
  • É recomendable servir esta bebida nunha copa de balón ou similar.

Gin-tonic de Mercadona.

Gin-tonic amorodo

Unha proposta máis doce para estas festas é o gin-tonic de xenebra amorodo. Para esta preparación de toque exótico é ideal a nosa xenebra Glivery, moi especial pola súa cor rosa e o seu sabor a amorodo.

Case todo o dito anteriormente válenos para preparar esta copa, pero hai que ter en conta que neste caso prescindimos da reladura de limón, mesturamos a xenebra con Refresco Lima-limón e engadimos uns amorodos para redondear o sabor e a imaxe do noso combinado.

Gin-tonic fresa de Mercadona.

Crema irlandesa

Quizais os teus invitados prefiran este licor, mestura de whisky irlandés e crema de leite, máis denso, cun sabor moi marcado, delicioso e inconfundible. Suxerímosche unha botella de Irish Cream Royal Swan. Sirve esta copa con xeo!

Crema irlandesa de Mercadona

Whisky

Outro clásico entre os clásicos. Neste caso tamén servimos o Whisky con xeo, preferiblemente nun vaso baixo e ancho de vidro, xa que permite osixenar a bebida e manter o seu sabor. Unha suxestión: o noso Whisky Seven Heads fará as delicias dos teus invitados amantes desta bebida.

Whisky de Mercadona.

Outras recomendacións

Coñeces a ampla variedade de bebidas que podes encontrar en Mercadona?