Prepárate para a noite máis terrorífica do ano coa Cabaza de Halloween e a Variedade de Xuxes Hacendado.

Cabaza Halloween e Variedade de Xuxes

26 de outubro de 2017

Truco ou trato?

Convértete en crianza ou participa con eles dunha das noites máis divertidas e enmeigadas do ano. Os máis cativos hante agasallar co seu mellor sorriso cando vexan a Cabaza Halloween e a Variedade de Xuxes Hacendado.

Cabaza de Halloween

Consegue a nosa divertida cabaza e encontra no seu interior os doces máis fantasmais. Todos eles sen glute e envoltos individualmente.

Arrepiantes chicles cun suculento recheo líquido, dentaduras de zombis e saborosos caramelos con pau, xunto con bolsiñas de doces osiños con sabores a froita e nubes.

Goza do seu truco! A cabaza servirache para almacenares as túas doces recompensas e faceres os tratos máis divertidos da noite máis terrorífica do ano.

Variedade de Xuxes Hacendado

Adoza a noite de Halloween coa Variedade de Xuxes Hacendado. O contido do seu interior hate deixar de pedra!

Caramelos brandos, duros, de goma e efervescentes… Todos os caramelos que poidas imaxinar, envoltos individualmente e listos para repartires entre todos, xa que son sen glute.

Comparte, ri e adoza esta noite de medo coa Cabaza Halloween e a Variedade de Xuxes Hacendado.

Outras recomendacións

Adoza un pouco máis a túa festa de Halloween coa Torta sen glute de améndoa con caramelo e cacahuetes. Deliciosa a calquera hora!