Descubre estas festas a gran variedade de produtos da Chacinería de Mercadona.

Bocados de Nadal na Chacinería de Mercadona

12 de decembro de 2017

Son días para festexarmos, para recibirmos a familia na casa, de ceas cos amigos en noites entrañables, case máxicas… días de reencontro cos seres máis queridos. Prepara a túa mellor lacena estas festas coa gran variedade de produtos que che ofrece a Chacinería de Mercadona.

Descubre a nosa gran selección de queixos, con diferentes intensidades, desde o Queixo Torrado –un curioso queixo vello con sabor afroitado que cativará os teus convidados–, até o Queixo de Ovella Anello Forte destinado aos padais máis esixentes. E se dispós de pouco tempo, a Táboa de Queixos Nacionais preséntase lista para servires na mesa.

Queixos para todos os gustos, incluíndo divertidas novidades como os exquisitos Antollos de Queixo recheos ou o Brie con Arandos, ou os queixos con Turrón ou Trufa, sabores novos que estimulan sensacións modernas.

Ademais, nestas datas non pode faltar nas nosas casas un bo Xamón. En Mercadona, temos ao teu dispor diferentes variedades de Xamón: Serrano, Cebo e mais Bellota. O Xamón converterase no teu aliado ideal para a preparación de petiscos, canapés e por que non, o agasallo perfecto co que sorprender nestas festas.

Desperta a túa creatividade coa gran variedade de patés que ofrece a Variedade de Mercadona, como o Foie de Pato con Turrón ou con Pistachos, o Paté de Perdiz ou o Paté de Morcela... novos e orixinais sabores que darán cor á túa mesa.

E para adozares a mesa, non deixes de probar o noso queixo Mascarpone co que poderás elaborar un delicioso tiramisú.

Bocados de Nadal para unhas festas moi especiais.

Outras Recomendacións

Acompaña a túa selección de patés cun viño de conto, o Viño Blancauvas de sabor suave, afroitado e lene no padal. Para os entendidos en cervexas chegan con forza as novas cervexas Reserva e Dobre Malta, dúas opcións con moito corpo e sabor que non deixarán indiferentes os teus convidados máis esixentes.