AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Vino Blancauvas: suave, afrutado y fresco.

Blancauvas, un viño de conto

11 de agosto de 2017

Presentámosche o novo Viño Blancauvas de Mercadona, un viño moi especial, que deixará abraiados a aqueles que queiran acompañar os seus pratos cun viño branco. Tómao ben fresco este verán e goza.

Unha familia de viños innovadores

O Viño Blancauvas de Mercadona pertence a unha nova liña de viños, inspirada en contos clásicos. Trátase dun viño branco cun sabor suave e afroitado elaborado con uvas Viura e Sauvignon Blanc.

Este viño ten unha excelente maridaxe. É ideal para acompañar aperitivos, pratos de pasta, peixe branco… Cómpre servilo moi frío, entre 4 e 6 graos.

O Blancauvas continúa a liña do viño tinto da súa mesma familia, o Caperucita Tinta, elaborado con uvas tempranillo e shiraz, de sabor suave e toque final doce.

Outro trazo característico desta liña de viños é o coidado e moderno deseño das súas etiquetas, que a fai especialmente atractiva para o público xuvenil.

Mercadona renova con este produto a súa firme aposta pola fabricación española. O Viño Blancauvas fabrícase en Torre Oria S.L., empresa situada en Requena (Valencia).

Se che gusta o viño branco, proba o noso Blancauvas, ideal para o tomar ben fresquiño este verán. Sorprenderate!

Outras recomendacións

Se prefires acompañar a túa comida cun tinto de verán que non conteña alcol, tes á túa disposición o Tinto de Verán Zero con Limón, refrescante bebida sen alcol e sen azucre.