Batata Conxelada de Mercadona, enfórnaa ou frítea directamente e lista  para comeres.

Batata Conxelada. Lista para enfornar ou fritir!

19 de septembro de 2017

Engade a Batata Conxelada de Mercadona á túa alimentación. A batata, tamén coñecida como boniato vermello, serve como gornición para a carne ou o peixe. Tamén a podes tomar como snack, ademais de a poderes temperar con calquera tipo de prebe. Abraiarate o seu sabor, e mais a súa textura e forma, similar á das patacas de corte groso.

Para alén de a enfornares, tamén a podes fritir, como unha boa alternativa ás patacas fritidas.

A Batata Conxelada de Mercadona xa está cortada e estonada, o que che aforrará tempo. Só a tes que enfornar ou fritir, e lista para a saboreares!

Como preparar a Batata Conxelada de Mercadona?

  • Tixola: 2-3 minutos
  • Fritideira: 2-3 minutos
  • Forno: 18-20 minutos

Non é preciso desconxelares a Batata antes da súa preparación.

Innova nas túas receitas cotiás e acompaña os teus pratos coa Batata Conxelada de Mercadona.

Outras recomendacións:

Non esquezas saborear a Batata Conxelada cos prebes Curry, Jalapeño e Cremosa . Escolle o teu prebe favorito e goza de todo o seu sabor.