O bacallau en salmoira a granel de Mercadona é un peixe ideal para cociñares de xeito nutritivo.
O bacallau en salmoira está presente nas dietas de Occidente desde hai moitos séculos. A súa expansión global débese á súa excelente conservación en sal, que mellora incluso o seu sabor e mantén todas as súas propiedades.
O bacallau en salmoira é un peixe empregado para preparar gran cantidade de receitas tradicionais, especialmente en Coresma e Semana Santa. Poderalo consumir en frío, á grella, fritido ou con prebe, en guisos e potaxes ou cociñado ao forno. Así como noutros pratos como croquetas, chulas, cremas ou arroces.
O bacallau a granel para un consumo tradicional
Tradicionalmente, o bacallau comprábase a granel e así é como cho ofrecemos agora en Mercadona. O seu método de conservación en sal fai que sexa perfecto para o almacenares durante longos períodos de tempo. Así foi un alimento que ten perdurado no Mediterráneo, nas zonas do interior de Europa e noutros moitos lugares. Poderalo encontrar de diferentes formas: en follas, lombos, anacos, migas ou cocochas.
Diferentes presentacións do bacallau en salmoira
En Mercadona encontrarás diferentes tipos de bacallau en salmoira que se poden adaptar a unha gran diversidade de pratos e xeitos de cocción. As follas grandes con cola son ideais para preparar todo tipo de pratos como o bacallau á rioxana, á biscaíña ou o bacallau á allada arrieira da zona norte. Os lombos, pola súa parte, son especiais para o forno, mentres que os anacos ou as migas están recomendados para pratos tradicionais como poden ser as chulas, as croquetas ou as albóndigas. Finalmente, se lle quixeres dar un toque máis selecto aos teus pratos, recomendámosche optar polas suaves e deliciosas cocochas.
Propiedades do bacallau en salmoira
O bacallau é un peixe branco que vive nas aguas frías do Atlántico Norte, o Cantábrico ou Escandinavia. Caracterízase por presentar un baixo contido en graxas saturadas e un alto contido de ácidos graxos Omega 3, alén dun alto contido en proteínas e vitaminas do grupo B e D.
As súas características nutricionais e a súa versatilidade convertérono nun dos peixes consumidos desde a época dos romanos.
O bacallau en salmoira ten una alta cantidade de sal. Por iso, as persoas con hipertensión arterial ou alteracións na retención de líquidos débeno consumir con moderación e o proceso para o desalgar débese realizar exhaustivamente.
Como desalgar o bacallau
Se che gusta ver o proceso real para desalgar o bacallau, deixámosche un vídeo para non perderes ningún pormenor:
A continuación deixámosche, para descargares, o proceso de desalgado do bacallau paso a paso, alén de dúas sinxelas e saborosas receitas para cociñares o bacallau á allada arrieira ou á rioxana.
Outras recomendacións
Queres saber máis sobre o bacallau en salmoira? Coñece as propiedades nutricionais que lle achega á nosa dieta.Tamén che recomendamos coñecer o peixe de Mercadona pola súa variedade, prezo e frescura.