Nuevos Productos de Nutrición Deportiva Enervit

Aumenta o teu rendemento deportivo cos Produtos Enervit

16 de novembro de 2016

Se es deportista, practicas deporte con intensidade, e queres manter o rendemento practicando o teu deporte favorito, agora podes conseguilo cos novos Produtos de Nutrición Deportiva Enervit, xa dispoñibles en Mercadona.

Estes produtos son perfectos para os amantes do running, os apaixonados do ciclismo e aqueles que practican calquera deporte intenso como o tríatlon, o crossfit ou a maratón, en que se precisa de moita hidratación e onde hai moito desgaste de enerxía. Anímate a probalos!
Os Produtos de Nutrición Deportiva Enervit axúdanche a cubrir as necesidades nutricionais e enerxéticas de forma eficaz en todas as fases do deporte, para manteres o teu rendemento, mellorares a túa hidratación e para conseguires unha recuperación muscular máis rápida despois dos grandes esforzos realizados.
En Mercadona podes encontrar os seguintes produtos enerxéticos baixo a marca Enervit:

  • Isotónico Soluble
  • Xeles Enerxéticos
  • Barras Enerxéticas
  • Barras de Proteínas

Bebida Isotónica Soluble Enervit

A Bebida Isotónica Soluble ofrece unha hidratación constante, ao repor a auga perdida durante a práctica do deporte pola suoración, así como os sales minerais esenciais e, ademais, axuda a recuperarse despois do exercicio.
A hidratación é tan importante, que se recomenda tomar a Bebida Isotónica Soluble en todas as fases do deporte (antes, durante e despois do exercicio).
Ofrécese en botes de 420 gramos (14 bidóns), con sabor a laranxa e moi doada de preparar. Só tes que disolver o contido de dúas culleradas con dosificador (30g) en 500 ml de auga sen gas e tomar directamente.

Xel Energético Enervit

Os Xeles Enerxéticos Enervit son perfectos para tomar durante os deportes en que os esforzos son maiores e precisamos dunha axuda extra. Achegaranche enerxía máis rapidamente e manterase durante o exercicio físico intenso e prolongado.
En Mercadona os Xeles Enerxéticos Enervit ofrécense en packs de 3 unidades con 2 sabores distintos, Laranxa e Cítricos con Cafeína. Neste último a cafeína serve para reducir a fatiga e ter máis concentración durante a práctica deportiva.
Os Xeles Enerxéticos Enervit deben tomarse 10 minutos antes da práctica de deportes intensos que duren polo menos unha hora, como o running, a maratón ou a media maratón, ciclismo, tríatlon… Ao tomalos cuns minutos de antelación, poderemos comezar coa máxima enerxía.
Tamén podes tomar un Xel Enerxético Enervit durante o exercicio acompañándoo de agua, para deste xeito asimilar máis rápidamente os seus nutrientes.

Barras Enervit

As Barras Enervit deben tomarse durante o exercicio e serven para obter un extra de enerxía en esforzos prolongados. Conteñen vitaminas e son doadas e rápidas de dixerir.
De preferires, tamén poden tomarse como petisco ou entre horas fóra do deporte. Están dispoñibles en packs de 3 unidades con Froitos secos ou Quinoa, ambas Sen Glute.

Barras de Proteínas Enervit
As Barras de Proteínas Enervit son ideais para cando rematas de practicar algún deporte intenso, xa que teñen un efecto recuperador e reparador muscular, aínda que tamén podes gozar delas cando non estás a practicar deporte.
Este efecto recuperador do tecido muscular que obtés coas Barras de Proteínas Enervit conséguese mediante o alto contido en proteínas que inclúen, do 28% nas que teñen sabor a Vainilla-Iogur e do 26% nas que teñen sabor a Chocolate-Coco. As dúas ofrécense en caixas de 3 unidades e Sen Glute.

Outras recomendacións

A práctica dun deporte intenso require tamén levar unha vida saudable. Podes conseguilo cunha dieta equilibrada á que lle incorpores sementes de Quinoa, unha fonte de proteínas e fibra que pode aproveitarse en sopas, saladas e arroces.