Sección de Carnicería de Mercadona nun supermercado

Así é a nova Carnicería de Mercadona: frescura, variedade e máximo servizo

07 de xuño de 2018
  • Mercadona ofrece en todas as súas tendas da península e Baleares unha nova sección de Carnicería con produtos con maior calidade, frescura e variedade.
  • Ademais, a carnicería de Mercadona incorpora un Punto de Acabado onde os clientes, sen custo adicional, poden solicitar o corte desexado.

Vídeo en español

A nova sección de Carnicería de Mercadona, que está xa presente en todos os supermercados, tanto da Península como nas illas Baleares, ofrece produtos con maior calidade, variedade e frescura.

Mercadona incorporou un novo servizo de Punto de Acabado, para que os clientes que desexen un corte diferente ao que está dispoñible nas bandexas, poidan solicitárllelo aos carniceiros de Mercadona. Así poden contar coa carne "ao seu gusto", por exemplo, cun solombo cortado en medallóns.

Ademais, agora ofrécese maior variedade e novos produtos cárnicos, sobre todo relacionados cos costumes propios de cada zona. Por exemplo, o polo amarelo nos supermercados de Galicia, o cordeiro manchego nas tendas situadas en Castilla-La Mancha, leitón en Castilla y León, tenreira de orixe Asturias na devandita comunidade ou botifarras en Catalunya.

Calidade da carne de Mercadona

A nova sección de Carnicería de Mercadona ofrece maior frescura e calidade en todos os produtos, xa que, entre as melloras, ademais de incluír novidades, tamén se acurtou o proceso dende o provedor á tenda co que se consegue a máxima frescura.

Desta forma, os nosos produtos gozan de máis tempo de vida para o seu consumo na casa do cliente.

Todos os nosos provedores de carne cumpren coas normativas nacionais e europeas e coa política de Benestar Animal de Mercadona, o que axuda a garantir a calidade da carne de Mercadona.

Aposta polos produtos nacionais en Mercadona

Mercadona aposta polo sector gandeiro nacional. Concretamente, colabora con 5.200 gandeiros. Unha mostra é que, na carne fresca refrixerada, ofrecemos ave, porco e cordeiro de orixe 100% nacional. No caso da tenreira, o 100% da elaboración é en España. Pola súa parte, no coello dámoslle prioridade, sempre que sexa viable, á produción local, tal e como mostra o noso apoio á campaña do sector cunícola.

Ademais, Mercadona segue reforzando a súa Cadea Agroalimentaria Sostible. Con ela perséguese acelerar a modernización e o crecemento compartido e sostible dos sectores agrícola, pesqueiro e gandeiro.

Outras recomendacións

Con diferentes produtos cárnicos podes preparar tamén deliciosos pratos, aproveitando as Pastas Italianas de Mercadona. Spaguetti, Penne, Tortiglioni, Fusilli e Cannelloni de sémola de trigo 100%.

Para potenciar o sabor das túas comidas, con carnes e outros produtos, podes aproveitar os Caldos Hacendado, de polo, verduras, cocido, peixe e paella de marisco e fideuá.