AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Pratos preparados e viños de Mercadona para improvisar unha cea deliciosa cos teus amigos neste Nadal.

As mellores ideas para improvisar unha cea de Nadal

04 de decembro de 2018

Se este Nadal che xorde unha cea improvisada e che toca cociñar a ti, temos o que necesitas: deliciosos pratos preparados de polo recheo e hummus, e unha boa variedade de viños para que obsequies as túas amizades cunha cea memorable.

Unha cea improvisada exquisita cos pratos preparados e viños de Mercadona

Para que non perdas máis tempo do necesario e que todo o mundo goce ao máximo da cea propoñémosche o seguinte menú rápido:

Polos recheos e zancos de polo

Podes escoller entre os seguintes pratos preparados de polo:

  • Polo Desosado á Man Asado Recheo con xamón, queixo e ovo.
  • Polo Desosado á Man Asado Recheo con cirolas, pasas e noces.
  • Zanco de polo asado Recheo con queixo brie e cebola confeitada.

Tras cortalos en liscos, pódelos consumir fríos como entrantes ou quentes acompañados de gornición ou dunha salsa. Sorprenderanche polos seus exquisitos recheos.

Ideais para consumilos como xantar ou cea ou incluso, cortados moi finos, para comer entre horas.

Platos preparados pollo para cena navideña.

Hummus Mercadona

O hummus de Mercadona é un delicioso puré elaborado con garavanzos, estupendo para compartir nunha cea improvisada con familia ou amigos. Unha combinación ben equilibrada de garavanzos cocidos, aceite de oliva, limón, allo e tahina.

Hai dúas magníficas opcións para escoller:

  • Hummus receita clásica.
  • Hummus con pemento do piquillo asado.

O Hummus ofrécenos diversas posibilidades:

  • É perfecto para dipear, con crudités, triángulos de millo ou pan torrado…
  • Ideal para untar en bocadillos e sándwichs, compangos, torradas…
  • Para acompañar os teus pratos de carne e peixe.
  • Para enriquecer as túas ensaladas.

Platos preparados hummus de Mercadona para cena navideña.

Viños

Ademais, contas cunha boa variedade de viños para elixir, especialmente indicados para este menú improvisado:

  • Lambrusco Rosado: o sedutor viño espumoso italiano, mundialmente famoso.
  • Dulzze verdejo frizzante: fino e chispeante, elaborado con uva de verdello, de baixa graduación alcohólica (5,5% vol.).
  • Viño Armónico Gran Selección: combinación de Garnacha e Merlot.

Vinos de Mercadona para cenas navideñas.

Outras recomendacións

Se che sobra o tempo, se che apetece cociñar e queres sorprender os teus invitados con outros guisos, aquí tes a nosa recompilación de receitas.

E se preferides acompañar a comida con cervexa, aquí tedes onde elixir.