Aprende a preparar deliciosas receitas co noso Lévedo en po Hacendado.

Aprende a preparar receitas doces co Lévedo en po

26 de marzo de 2021

Co noso Lévedo en po Hacendado podes preparar todo tipo de biscoitos, madalenas, rosquillas, etc. Ademais, melloramos a calidade deste produto e conseguirás un excelente resultado na cociña.

Indicámosche como elaborar os doces máis deliciosos paso a paso e contámosche cales son as principais características deste útil produto.

Características do Lévedo en po Hacendado

  • Produto destinado para masas batidas de repostería.
  • Sen glute, apto para celíacos.
  • Contén 6 sobres de 15 gramos cada un.
  • Cada sobre está indicado para 500 gramos de fariña.

Como melloramos este lévedo en po?

Agora servímosche este produto cunha calidade mellorada. Realizamos un cambio na súa formulación para que non quede amazocado co paso do tempo.

Instrucións xerais de uso

  • É importante mesturar ben o lévedo en po coa fariña para que quede homoxeneizado e ben repartido na masa final. Así, obteremos unha elaboración esponxosa e aireada.
  • Para un mellor resultado, recoméndase non abrir a porta do forno ata os últimos minutos de cocción.
  • Unha vez que teñas lista a masa, déixaa repousar uns 2-3 minutos antes de introducila no forno. O resultado final será unha masa máis esponxosa.

As nosas receitas recomendadas con Lévedo en po

Galletas de chocolate e abelá

Texto 1 Imagen Levadura

1. Quenta previamente o forno a 190º.

2. Nun cunco mestura 350 g de fariña, un chisco de sal e 15 g de lévedo (1 sobre). Mestura todo e reserva.

3. Noutro cunco mestura 150 g de manteiga cortada en anaquiños e a temperatura ambiente xunto con 75 g de azucre moreno e 75 g de azucre branco.

4. Engade 1 ovo e 1 culleradiña de aroma de vainilla á mestura anterior e mestura.

5. Despois engade o cunco de fariña e lévedo pouco a pouco.

6. Engade 75 g de abelás partidas e 100 g de pebidas de chocolate, mestura.

7. Saca a masa do cunco e acaba de mesturalo todo á man.

8. Forma uns discos de 60 g ou menos. Méteos no forno, con espazo entre eles, 16 minutos.

9. Pasado este tempo deixa arrefriar e listo.

Madalenas con láminas de améndoa

1. Quenta previamente o forno a 180º.

2. Nun cunco mestura 250 g de fariña, 15 g de lévedo (1 sobre) e un chisco de sal.

3. Noutro cunco mestura 4 ovos con 100 g de azucre ata que quede esponxoso.

4. Engade 100 g de manteiga derretida, 15 g de extracto de vainilla e 200 ml de nata para montar. Mestura todo.

5. Agrega o cunco coa fariña barutada e mestura. Deixa arrefriar a masa na neveira durante media hora.

6. Enche os moldes de madalenas 3/4 partes da súa capacidade.

7. Pon enriba das madalenas 50 g de améndoa laminada e 30 g máis de azucre para decorar.

8. Méteas no forno 25 minutos, asegurándote cun pauciño de que sae limpo. Se non, mantenas un pouco máis no forno.

Brazo de Xitano ao cacao

Texto 2 Imagen Levadura

1. Quenta previamente o forno a 180º.

2. Nun cunco mestura 120 g de fariña, 15 g de cacao en po, un chisco de sal, 8 g de lévedo (1 culleradiña e media) e reserva.

3. Noutro cunco mestura 4 ovos con 150 g de azucre branco e 50 g de azucre moreno, ata que quede espumoso. Engade 30 ml de aceite e 30 ml de iogur. Mestura ben.

4. Incorpora pouco a pouco o cunco de fariña e cacao sobre o cunco coa outra mestura. Remove ben e verte sobre unha bandexa de forno con papel vexetal.

5. Méteo no forno 15 minutos.

6. Unha vez que o biscoito está fóra do forno e temperado bótao sobre un trapo húmido e enrólao. Déixao así ata que arrefríe de todo.

7. Bate 200 g de crema de queixo con 50 g azucre e 1 culleradiña de aroma de vainilla. Despois engade 100 g de nata para montar e mesturar outra vez ata que monte.

8. Desenrola o biscoito e estende a crema con coidado de deixar libres os bordos para volver enrolar. Decora con cacao esparexido e froitos vermellos.

Banana Bread

Texto 3 Imagen Levadura

1. Mestura 1 ovo e 1 xema con 150 g de azucre moreno.

2. Engade á mestura 80 ml de aceite de oliva e 1 cullerada de aroma de vainilla.

3. Machuca 4 plátanos maduros.

4. Engade os plátanos á mestura anterior xunto coa reladura de ½ limón e de ½ laranxa.

5. Noutro cunco, baruta 240 g de fariña, engade 1 cullerada de canela, 10 g de lévedo (2 culleradiñas) e un chisco de sal.

6. Mestura os secos dentro da mestura anterior.

7. Cando estea ben mesturado, engade 100 g de pebidas de chocolate e 70 g de noces cortadas en anacos.

8. Pon papel vexetal no molde e bota a mestura.

9. Parte pola metade un plátano que non estea maduro e pon enriba da mestura. Engade tamén algunha pebida de chocolate máis.

10. Mete no forno a 180º durante 45-50 minutos.

Rosquillas de Pascua

Texto 4 Imagen Levadura

1. Pon a quentar 50 ml de aceite de oliva e cando empece a botar fume retírao para temperar. Reserva.

2. Mestura 400 g de fariña con 10 g de lévedo (2 culleradiñas) e un chisco de sal. Reserva.

3. Nun cunco bate 2 ovos con 100 g de azucre ata que quede cremoso e engade reladura de laranxa e de limón e 1 culleradiña de aroma de vainilla.

4. Agrega o aceite de oliva que quentamos antes e 30 ml de zume de laranxa. Mestura.

5. Baruta a fariña sobre a mestura anterior e incorpóraa ben.

6. Saca a masa do cunco e sobre unha superficie enfariñada, acaba de amasar. Se a masa está brandiña pero non se pega ás mans, xa estaría lista. Se se pega, engade máis fariña.

7. Pona outra vez no cunco e déixaa repousar tapada media hora.

8. Pasado este tempo forma bóliñas dun tamaño un pouco máis grande ca unha noz (na tixola van crecer), e premendo no centro fai o burato e vainas deixando nunha superficie enfariñada.

9. Pon a quentar nunha tixola abundante aceite de xirasol a temperatura media alta e vai fritindo as rosquillas, dándolles voltas ata que estean douradas.

10. Déixaas nunha fonte con papel absorbente. Unha vez frías, reboza en azucre e a gozar!

Outras recomendacións

Para cando non teñas tempo de cociñar, recomendámosche as nosas Galletas de Espelta e Digestive, 0% azucres engadidos.