Aperitivos Mercadona Navidad 2016

Aperitivos de Mercadona para os teus menús do Nadal

12 de decembro de 2016

Velaí chega o agardado Nadal e preparamos os nosos menús con auténtica dedicación. Os pratos principais son fundamentais, mais xamais debemos esquecer os entrantes. Afortunadamente, os aperitivos de Mercadona, afumados e salgaduras, están á nosa disposición para que poidamos agasallar os nosos convidados, como merecen nestas festas.

Como sabe todo anfitrión, a importancia dunha boa acollida é fundamental. Ademais da función social do aperitivo, costume estendido por todo o mundo, que permite romper o xeo para “entrar en materia”, uns entrantes ben escollidos abren o apetito e preparan para a comida principal. Se escollermos entre os aperitivos de Mercadona esta experiencia pode resultar inesquecible, a antesala dunha comida ou dunha noitada feliz na compaña dos nosos seres queridos.

No noso menú de Nadal non pode faltar o salmón afumado pack duplo de Ubago, unha opción de aperitivo versátil como poucas, que pode gozarse só ou formando parte de saladas, canapés, roliños, follados, torradas… a acompañar bocadiños doces ou salgados en espléndida combinación.

Outros clásicos do aperitivo de Nadal son as anchoas e os bocareus en vinagre. De novo, os límites á hora de servir estes manxares ponos a imaxinación do anfitrión, xa que hai múltiples posibilidades: petiscos, compangos, canapés, ensaladas rusas, saladas…

Escolle entre os seguintes aperitivos de Mercadona:

Salmón afumado Ubago

O salmón afumado en formato pack duplo está elaborado de xeito tradicional e preséntase en finos liscos que nos facilitan a preparación dos nosos aperitivos. Cada pack conta con 2 unidades de 200 gramos, aproximadamente.

Salmón Ahumado Mercadona

Anchoas en Aceite de Oliva ou Xirasol Hacendado

Os filetes de anchoas en aceite de oliva ou de xirasol veñen nun pack de 3 envases de plástico, de 29 gramos (peso neto escorrido), aproximadamente, cada un.

Anchoas Mercadona

Bocareus Vinagre

Os bocareus en vinagre de Mercadona véndense en envases de 60 ou 265 gramos (peso neto escorrido). Este último incorpora unha tampa para a conservación óptima do produto.

Boquerones en Vinagre Mercadona

Queres coñecer as nosas suxestións de presentación?

Sándwich de salmón afumado con queixo roquefort:

Sandwich Salmón

Anchoas e tomates cereixa temperados:

Anchoas y Tomates Cherry

Bocareus con tomate e patacas fritidas palla:

Boquerones con tomate

Todos estes aperitivos de Mercadona presentan, ademais, a vantaxe de seren produtos listos para abrir e consumir, de termos que solucionar axiña calquera imprevisto e para non perdermos nin un minuto na elaboración dos entrantes. Así, de irmos xustos de tempo, podemos solucionar o noso aperitivo con garantías.

Que non falten na túa listaxe da compra para este Nadal, porque os teus convidados agradecerano. Achégate á tenda máis próxima e, leva os aperitivos de Mercadona!

Outras recomendacións

De procurares unha sobremesa coa que abraiar os teus convidados non podes deixar de probar os novos Variados de galletas e pastas de Mercadona. Ademais, proba os turróns de Hacendado, en 6 deliciosas variedades que, ademais, son sen glute!