Se tes convidados para cear ou estás a organizar unha festa, un Ron sabor amorodo “Perla de las Islas” mesturado co refresco de lima-limón abraiará os teus familiares e amigos coa súa fermosa cor e o seu delicioso sabor a amorodo.
Un toque de amorodo irresistible na túa bebida
O Ron sabor amorodo “Perla de las Islas” de Mercadona ten unha innovadora cor rosa e un abraiante e intenso aroma a amorodos. É ideal para o combinares con refresco de lima-limón.
Con esta bebida tes garantido o toque orixinal nas túas festas e reunións. Á hora de preparar un combinado, ofrece este ron con sabor a amorodo e goza deses momentos de lecer especiais compartidos cos teus seres queridos. A bebida perfecta que andabas a procurar para que os teus convidados queden gratamente sorprendidos e complacidos.
Unha forma distinta de gozar dunha bebida refrescante
Canso das combinacións máis tradicionais? O Ron sabor amorodo “Perla de las Islas” de Mercadona ofrécenos un xeito diferente, divertido e orixinal de deleitármonos cunha copa refrescante.
Contemplarmos este exótico ron de cor rosa a bañar a nosa copa é todo un pracer para os sentidos.
Consello para preparares unha bebida co Ron sabor amorodo “Perla de las Islas” de Mercadona
Preparares esta bebida é moi sinxelo, non fai falta ser ningún experto en coctelería. Só tes que poñer 3 ou 4 pedras de xeo na copa ou no vaso que vaias utilizar, verteres unha pequena cantidade deste ron e mesturares co refresco de lima-limón. Este é o xeito básico de elaboración desta bebida.
Os máis imaxinativos poden optar por engadir a este combinado amorodos naturais, unha opción que potenciará o sabor orixinal do ron, ou procurar outras formas de aromatizalo para que quede totalmente ao seu gusto.
Mercadona aposta polos produtos fabricados en España. Este ron está fabricado nas Canarias, unha mostra máis do noso firme compromiso neste sentido.
Xa sabes, se queres que a túa festa ou reunión sexa un auténtico éxito, prepáralles aos teus convidados unhas bebidas co Ron sabor amorodo “Perla de las Islas” de Mercadona. Van quedar abraiados!
Outras recomendacións
Ao teu convidado gústalle o sabor do amorodo mais prefire as bebidas con xenebra? Mercadona poncho doado para o compraceres. Sírvelle a nosa Xenebra Sheriton Strawberry, cun exótico toque de amorodo.
E para os que prefiren outro tipo de bebidas, podes ofrecerlles os nosos viños e sidras de Mercadona.
E, se preferires bebidas sen alcol, recomendámosche os Cócteles sen alcol de Mercadona: Mojito ou Piña Colada.