Suxerímosche 5 receitas con cintas de beicon, deliciosas e moi fáciles de preparar.

5 receitas con cintas de beicon, proba a súa mellora de calidade!

29 de xuño de 2022

Sabes que coas nosas cintas de beicon podes elaborar unha gran variedade de pratos? É un deses produtos que sempre vén ben ter á man, porque salvan calquera receita e achéganlle sabor e carácter.

Son ideais para a elaboración de pizzas, pasta con salsa carbonara, as ensaladas máis variadas, revoltos e un montón de preparacións. Con que che gusta combinalas a ti?

Están elaboradas con touciño entrefebrado de porco cocido e afumado cortado en tiras.

Melloras de calidade

Atendendo as suxestións dos nosos clientes, o produto presenta agora unha maior calidade, xa que:

  • Melloramos o proceso de elaboración para garantir que as cintas de beicon sexan máis uniformes e enteiras, eliminando labras.
  • Ademais, trátase dun produto sometido a probas periódicas para manter a súa calidade.

A continuación, deixámosche 5 suxestións de cociña con este produto, sinxelas e moi saborosas.

Paso a paso para elaborar as nosas receitas con cintas de beicon

Quiche de beicon e porro

Quiche de bacon y puerro, cintas bacon Mercadona

1. Prepara 1 masa crebada brisa co papel de cocción nun molde adecuado. Pincha o interior cun garfo e métea no forno 10 minutos a 200 ºC.

2. Refoga 125 g de cintas de beicon nunha tixola.

3. Engade 1 porro cortado en tiras.

4. Mestura nun recipiente 3 ovos batidos, 300 ml de nata, 100 g de queixo brie, o sal, a pementa negra e a noz moscada.

5. Engade o beicon e o porro á mestura.

6. Dispón a mestura sobre a masa e enforna a 200 ºC uns 25 minutos.

Patacas recheas de beicon e nata

Patatas rellenas de bacon y nata con cintas de bacon de Mercadona

1. Limpa 2 patacas e sécaas. Pínchaas dúas ou tres veces cun garfo, unta con aceite de oliva e salpementa.

2. Enforna a 180 ºC durante unha hora e media.

3. Mestura a nata para cociñar con sal, pementa e o zume dunha lima. Remove e reserva durante 1 hora no frigorífico.

4. Retira as patacas do forno e reserva.

5. Corta en cruz cando aínda estean quentes e abre o interior apertando polos extremos. Remove o interior cun garfo xunto a un belisco de queixo emmental relado para que funda no interior da pataca.

6. Enche con salsa de nata e coas cintas de beicon torrado e coroa con ceboliño picado.

Ensalada de espinacas, beicon e figos secos

Ensalada de espinacas, bacon e higos secos con cintas de bacon de Mercadona

1. Refoga as cintas de beicon sen aceite.

2. Lava as espinacas e dispón nun cunco.

3. Engade os tomates cereixa partidos pola metade, os figos secos cortados en 4 partes e as noces esmiuzadas.

4. Escorre o beicon crocante, engádeo á ensalada e remata coa vinagreta (3 partes de aceite, 1 de vinagre e 1 culleradiña de mel).

Bruschetta de beicon e tomates cereixa asados

1. Nunha fonte apta para forno coloca 100 g de tomates cereixa sazonados con sal en escamas, pementa negra, aceite de oliva e un chorriño de vinagre balsámico. Enforna 15 minutos a 180 ºC.

2. Aproveitando que o forno está acendido, torra 2 rebandas de pan. Retira cando estea crocante e dourado.

3. Frega 1 dente de allo nas rebandas de pan. Engade unhas rodas de mozzarella de búfala esmiuzada e os tomates asados.

4. Coroa cunhas cantas cintas de beicon torradas previamente na tixola.

Espaguetes carbonara (ingredientes para 2 persoas)

Spaghetti carbonara con cintas de bacon de Mercadona

1. Coce 200 g de espaguetes en auga salgada 2 minutos menos do que indica o fabricante.

2. Nunha tixola pon 125 g de cintas de beicon a cociñar ata que quede ben dourado.

3. Nun cunco, bate 2 ovos xunto con 75 g de queixo parmesano relado e una boa cantidade de pementa negra acabada de moer, que mesture todo ben.

4. Cando o beicon estea ben dourado e crocante, separa unha cullerada sopeira. Engade a pasta na tixola xunto a un cazo da auga de cocción e remove con enerxía. Que a pasta vaia rematando de cocer e ao mesmo tempo xerando unha cremiña coa auga. Engade máis auga de cocción se fose necesario.

5. Cando a pasta estea ao gusto, apaga o lume e engade a mestura de ovo e queixo. Mestura con enerxía ata conseguir unha salsa densa, sen que o ovo calle de todo pola calor.

6. Rectifica de sal e pementa segundo vos guste, engade o beicon crocante reservado e esparexe un pouco queixo relado.

Outras recomendacións

Se che gusta engadir salsas aos teus pratos, suxerímosche as nosas Salsas Rancheira, Cuarteirón rústica e Piri-piri, cal che gusta máis?