Entrada tenda

Actualización: Mercadona informa de que se adoptan as seguintes medidas, que entrarán en vigor dende mañá, xoves 19 de marzo de 2020

18 de marzo de 2020

Cumprindo o Art.10.2 do RD 463/2020 polo que se declara o Estado de Alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

 

  • Mercadona, co obxectivo de protexer a saúde e seguridade dos nosos clientes e traballadores ademais de asegurar o abastecemento das nosas tendas, informa de que procede a actualizar as medidas adoptadas o pasado luns 16 de marzo completándoas con outras que entrarán en vigor o 19 de marzo de 2020 e que para unha mellor identificación están subliñadas a continuación.

NOVAS MEDIDAS EN VIGOR DENDE O 23/03 NESTE ENLACE.

1.- RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA OS CLIENTES

  • Informarase aos clientes das recomendacións xerais para acudir a realizar o acto de compra, tanto a través dos membros do cadro de persoal como por medio de carteis, megafonía e redes sociais. Entre estas recomendacións están:
    • Acudir soamente unha persoa a realizar a compra (non en familia, ou con nenos ou grupos).
    • Non acudir a realizar a compra persoas que formen parte dos grupos de risco; anciáns, persoas con enfermidades crónicas…
    • Persoas que terán preferencia para acceder ás súas compras nas nosas tendas: maiores, persoas con discapacidade, con mobilidade reducida, embarazadas, e os acompañantes necesarios.
    • Espazar a compra ao longo do día e non á hora de apertura do establecemento. Con iso, hai garantía de poder atender todos os clientes cada día.  
    • Por solidariedade, realizar a compra con axilidade e rapidez.
    • Non almacenar innecesariamente produtos: a subministración de produtos de primeira necesidade está máis que garantida.
    • Pagar preferentemente con tarxeta e evitar o uso de diñeiro en efectivo.
    • A responsabilidade última de cumprir as recomendacións de distancia, aforo máximo, etc. implantadas recae nas propias persoas que deben respectalas. Así como utilizar guantes para manipular os produtos perecedoiros e que están á súa disposición no centro.

2.- MEDIDAS NOS SUPERMERCADOS

  • AFORO: Controlarase o aforo dos supermercados e sinalizarase a distancia mínima esixida entre persoas.
    • A responsabilidade de ordenar o aforo interior da tenda será do responsable do establecemento e, se é o caso, da persoa ou do axente de seguridade privada designado por el.
    • Cada establecemento terá concretado o aforo máximo que garanta a distancia preventiva de 1 metro entre calquera persoa. Así mesmo, contará co aforo máximo permitido, cumprindo coa normativa de forma que non se permitirá o acceso unha vez completo o devandito aforo, mentres non abandonen o establecemento outros clientes.  
    • Na vía pública de acceso a cada supermercado estará marcada unha distancia mínima de 1 metro para as persoas que esperen a súa quenda de entrada ás portas dos supermercados, que deberá respectarse para poder acceder a este.
  • INTERIOR DO LOCAL: garantirase a separación mínima dun metro entre clientes con recomendacións do persoal do establecemento, co apoio de carteis reforzando estas medidas, e tamén estarán marcados os límites de 1 metro no chan da sección de Peixería e nas liñas de caixas.
  • HORARIO: o horario de apertura será de 09:00 a 19:00 horas. Se ben, e dada a excepcionalidade da situación, irase adaptando ás circunstancias cambiantes, modificacións que, de levarse a cabo, serán comunicadas en cada momento.

3.- ABASTECEMENTO e OFERTA

  • As tendas permanecerán abastecidas reforzando e garantindo a subministración de produtos básicos e de primeira necesidade, para que os nosos clientes poidan realizar a súa compra diaria.
  • Co obxectivo de protexer a seguridade alimentaria, non se admitirán, en ningún caso e baixo ningún concepto, devolucións de produto.

4.- RECOMENDACIÓNS e MEDIDAS INTERNAS

Así mesmo, Mercadona adoptou medidas internas para reforzar a saúde e seguridade dos seus traballadores, entre as que se encontra a entrega por parte da empresa dos utensilios de hixiene e prevención necesarios, e a adopción dos criterios específicos respecto á saúde.

Igualmente, reforzáronse os procesos de desinfección e limpeza diarios das nosas instalacións con servizos externos.

Tamén se procedeu á instalación en cada supermercado de xel desinfectante e papel para que os clientes poidan proceder á limpeza do mango do carro, reforzando a súa hixiene.

Nestes momentos, e de acordo coa situación excepcional na que está inmersa o país, en Mercadona estamos adoptando estas medidas excepcionais para colaborar e facer fronte a esta crise. Rogámoslles aos nosos clientes a máxima colaboración no cumprimento das devanditas medidas.

 

ISTO PASARÁ. RACIONALICEMOS O MEDO #Covid_19

Isto pasará. Racionalicemos o medo

Cartel en español:

Personas con preferencia Mercadona

Cartel en español:

Consejos básicos de higiene y prevención Mercadona

Cartel en español:

Medidas seamos responsables

Cartel en español:

Protejamos la salud de los trabajadores

Cartel en español:

Distancia de seguridad Mercadona

Cartel en español:

Nuestra prioridad Mercadona