Rueda de Prensa de Mercadona 2018

Mercadona incrementa o seu investimento un 50%, ata os 1.504 millóns e factura un 6% máis, 24.305 millóns

12 de marzo de 2019

Tras decidir hai dous anos poñer en marcha un proceso disruptivo e facer canto fose necesario para transformar a compañía e seguir sendo a mellor opción para “O Xefe”.

  • Pechou 2018 cun cadro de persoal de máis de 85.800 persoas, das que 300 son portuguesas, tras a creación de 1. 800 postos de traballo estables e de calidade, e seguiu avanzando no seu modelo de negocio responsable e sostible, mellorando a calidade do traballo e investindo no coidado medioambiental e benestar animal.
  • Elevou a súa facturación en superficie constante un 6%, tras incrementar de media en 2018 máis de 50 tíckets/tenda/día, o que fai un acumulado de máis de 125 tíckets/tenda/día dende a posta en marcha en 2017 do seu proceso de transformación.
  • A proba iniciada en maio de 2018 coa “Colmea” (almacén para venda en liña), en 97 municipios da provincia de València, permitiu duplicar o número de clientes e alcanzar unha facturación mensual de 2,2 millóns de euros.
  • Mercadona mantén o seu principio de que "o crecemento compartido sabe mellor" e distribuíu o beneficio total xerado no exercicio da seguinte forma: 295 millóns, dos que dous corresponden a Portugal, para a Sociedade en concepto de impostos, cun tipo impositivo efectivo no imposto de sociedades do 22%; e 325 millóns entre os seus traballadores en concepto de prima por obxectivos. Dos 593 millóns do beneficio neto (un 84% máis que o exercicio anterior), 470 millóns reinvestíronse na empresa como recursos propios, mentres o resto se repartiu entre os accionistas vía dividendos.

Mercadona, empresa de supermercados físicos e de venda en liña, incrementou o investimento durante 2018 (con cargo aos seus recursos propios), nun 50%, ata os 1.504 millóns de euros. Este esforzo investidor enmárcase na determinación, tomada hai dous anos, de facer todo o que sexa necesario, dentro do Modelo de Mercadona, para transformar a compañía e permitiu experimentar unha mellora en superficie constante das súas vendas dun 6%, ata os 24.305 millóns de euros. Igualmente, dende a posta en marcha en 2017 deste proxecto de transformación disruptivo, rexistrou un incremento acumulado de máis de 125 tíckets por tenda e día de media. Todos estes datos poñen de manifesto que o proceso transformador no que se atopan inmersas todas as persoas que forman o Proxecto Mercadona está servindo de impulso.

Mercadona finalizou 2018 con 1.636 tendas, tras abrir 29 novos supermercados e pechar 20 que non se axustaban aos estándares de amplitude e comodidade da cadea. Entre elas, destacan as aperturas en Ceuta, La Palma e Melilla, que lle permitiron á compañía completar a súa presenza en todo o territorio español. Ademais, e no seu proceso de cambio constante para ser a mellor opción do "Xefe", Mercadona seguiu reformando a súa rede de supermercados e finalizou o ano con 400 supermercados do Novo Modelo de Tenda Eficiente (Tenda 8), tras reformar 215 tendas.

A todo iso, ademais, debe sumarse a posta en marcha durante o pasado mes de agosto da nova sección "Listo Para Comer" no supermercado da localidade de Burjassot (València), ao que paulatinamente se foron sumando outros, ata pechar o ano cun total de 11 supermercados na provincia de València con esta nova sección. A excelente acollida por parte dos clientes da devandita iniciativa fai que en 2019 esta sección teña previsto implantarse en 250 supermercados máis da cadea.

Ser unha empresa de supermercados físicos e venda en liña

En maio de 2018 Mercadona puxo en marcha a súa primeira “Colmea”, un almacén en liña dende onde se centraliza a preparación e distribución dos pedidos en liña que serve a 97 municipios da provincia de València. Tras case 8 meses de “laboratorio” nos que a compañía foi incorporando progresos para mellorar o seu servizo en liña e facelo rendible, duplicáronse os pedidos realizados por esta canle na devandita zona en comparación coas cifras da anterior Telecompra, cunha facturación mensual de 2,2 millóns de euros. Este dato avala a decisión da compañía de iniciar o servizo en liña en Barcelona a mediados deste ano.

Provedor Totaler. A evolución dun modelo de éxito

Mercadona decidiu aproveitar en 2018 todos os seus puntos fortes para facer evolucionar as figuras do Interprovedor e do Provedor Especialista, así como o marco de relación establecido. Neste contexto, a compañía puxo en marcha o Modelo de Provedor Totaler, do que xa forman parte 1.400 provedores, tanto interprovedores como provedores especialistas, e que se constitúe como un proxecto aberto no que non importa o tamaño do fabricante e si a súa especialización e axilidade para satisfacer “O Xefe” con produtos diferenciais e cunha excelente calidade, o que xera unha responsabilidade compartida.

Un novo Convenio Colectivo e Plan de Igualdade máis social e paritario

En 2018, Mercadona creou 1.800 novos postos de emprego estable e de calidade, o que lle permitiu pechar o ano cun cadro de persoal de máis de 85.800 persoas, das que 300 son portuguesas. Durante estes doce meses, a compañía destinou importantes recursos para mellorar as habilidades e o coñecemento dos seus traballadores, cun esforzo investidor en formación que superou os 70 millóns de euros. Paralelamente seguiu apostando pola promoción interna, cun total de 860 persoas ascendidas a postos de maior responsabilidade; e pola igualdade, como pon de manifesto o feito de que finalizase 2018 cun cadro de persoal maioritario de mulleres, e de que estas ocupen o 47% dos postos directivos.

Nesta aposta pola calidade dos seus RRHH, a finais de 2018, a compañía asinou cos sindicatos maioritarios o novo Convenio Colectivo de empresa e Plan de Igualdade 2019-2023, reforzando a conciliación e estabilidade laboral. O novo marco laboral, máis igualitario e social, reforza o compromiso de Mercadona co emprego estable e de calidade, á vez que consolida a súa aposta por mellorar o poder adquisitivo do cadro de persoal cun soldo mínimo de 1.328 euros ao mes/brutos, aos que se suman, ademais da prima por obxectivos, outros complementos propios da Política Retributiva da compañía que supoñen incrementos dun 11% anual ata o tramo 5, que se alcanza tras catro anos na empresa, e un incremento progresivo do salario base vinculado ao IPC e á produtividade.

Unha empresa socialmente responsable e comprometida co seu ámbito e co seu cadro de persoal

Un ano máis, Mercadona reafirmouse no seu principio de que "O éxito, se é compartido, sabe mellor". Do seu beneficio total xerado, un 25%, repartiuse co cadro de persoal, en total 325 millóns de euros en concepto de prima por obxectivos; un 25% das ganancias, 295 millóns, reverteu na Sociedade, dos que 2 millóns corresponden a Portugal, en concepto de impostos, cun tipo impositivo efectivo no imposto de sociedades do 22%; un 40%, sobre 470 millóns, reinvestiuse na empresa como recursos propios, e o 10 % restante repartiuse entre os accionistas vía dividendos.

A este crecemento compartido hai que sumar, igualmente, o compromiso da compañía en avanzar no seu modelo de negocio responsable e sostible, mellorando a calidade do traballo e investindo no coidado medioambiental e benestar animal. Para iso, promove, por medio da súa actividade, iniciativas responsables, como por exemplo a eliminación das bolsas de plástico por outras reutilizables e reciclables de papel e material reciclado, dándolle unha segunda vida ao plástico das embalaxes das súas tendas; o compromiso de comercializar antes de 2023 só ovos procedentes de galiñas criadas sen gaiola; e a aposta constante por un transporte sostible, con 54 camións propulsados a gas natural.

Froito deste compromiso co crecemento compartido, e de acordo coa metodoloxía actualizada polo Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), a achega global de Mercadona á creación de riqueza en España, representa o 3,4% do emprego total do país, (630.000 postos de traballo), o 1,9% do PIB (22.900 millóns de euros) e un volume de compras no mercado nacional de 18.640 millóns de euros que representa o 85% do total das compras realizadas pola compañía.

Internacionalización: un fito para Mercadona

Tras comunicar o inicio do proceso de internacionalización en 2016 en Portugal, a compañía seguiu traballando durante estes doce meses para facer realidade este proxecto, que se materializará ao longo do segundo semestre de 2019 coa apertura das súas primeiras tendas, situadas nos distritos de Braga, Porto e Aveiro. Para iso, xa conta cun cadro de persoal en Portugal de 300 persoas e investiu en 2018 unha cifra próxima aos 60 millóns de euros que, ademais da construción das tendas, permitirán inaugurar un bloque loxístico na Póvoa de Varzim. Así mesmo, durante estes doce meses a compañía seguiu definindo a oferta para adaptala aos gustos e hábitos do “Xefe” portugués, para o que realizou máis de 2.000 sesións de coinnovación no Centro de Coinnovación de Matosinhos (Grande Porto).

Novo investimento récord de máis de 2.300 millóns de euros en 2019

Dentro do compromiso materializado polos accionistas da compañía de continuar facendo, dentro do Modelo, todo o necesario para transformar Mercadona, durante 2019 a compañía ten previsto acometer un novo investimento histórico de máis de 2.300 millóns de euros. Este esforzo destinarase á apertura de 49 novos supermercados, 10 deles en Portugal; á reforma de 390 supermercados co Novo Modelo de Tenda Eficiente (Tenda 8); a seguir desenvolvendo o Proxecto de Frescos Global, e á implantación da nova sección de Listo Para Comer, que está previsto que se amplíe a outros 250 supermercados tamén ao longo do ano

Outro dos obxectivos claves de Mercadona en 2019 será a eliminación de sobreesforzos e a optimización da rede loxística, reto este último que se aborda por medio da automatización dos bloques loxísticos. Ademais, a compañía seguirá destinando importantes recursos á transformación dixital, outro dos vectores de crecemento, e ás aperturas de dous novos almacéns para a venda en liña (Colmeas).

O presidente de Mercadona, Juan Roig, manifestou que “2018 foi un ano de moitas iniciativas transformadoras para a compañía. Os resultados deste proxecto de transformación disruptivo que iniciamos hai dous anos non serían posibles sen o esforzo que realizan as 85.800 persoas de Mercadona para garantir, todos os días co seu traballo rutineiro, a satisfacción do "Xefe", os nosos clientes”. Para Juan Roig,todos os que formamos Mercadona marcamos para 2019 un reto claro: perseguir un crecemento sostible baseado na eficiencia, na diferenciación, na sostibilidade e na innovación, coa determinación e humildade necesarias para corrixir os erros que polo camiño imos cometer e para seguir construíndo un proxecto que a xente queira que exista e que aposte polo crecemento compartido. Porque, tal e como tiven a oportunidade de ler no libro Capitalismo Consciente "Igual que as persoas non vivimos só para comer, tampouco as empresas existimos só para lograr beneficios; agora ben: as persoas non podemos vivir sen comer e as empresas non podemos vivir sen beneficios".

Mercadona: Algúns feitos relevantes en 2018

Juan Roig na sección de Juan Roig na sección de "Listo para Comer" tras a celebración da Rolda de Prensa anual 2018.

 

 

 

 

Memoria Anual 2018

Descargar

 

 

 

Vídeo en español

 

Imaxe de cabeceira: Juan Roig e membros do Comité de Dirección na sección "Listo para Comer" tras a Rolda de Prensa anual 2018.