- A compañía renovou a receita das súas maionesas a partir das suxestións dos “Xefes” (clientes), mellorando así o sabor, o olor e a textura das seis referencias desta salsa da marca Hacendado.
- En liña coa súa Estratexia 6.25 para a redución do plástico, Mercadona eliminou este material de catro dos envases substituíndoo por outros materiais, o que supón unha redución de 900 t de plástico ao ano.
- O Provedor Totaler Salsa Rica elabora este produto nas súas instalacións de Agoncillo en La Rioja.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, renovou a receita das seis maionesas Hacendado; para mellorar o seu sabor, eliminando acidez; mellorar a súa textura, facéndoa máis densa; e para reducir azucres e eliminar conservantes, engadindo aromas naturais.
Mercadona mellorou, ademais, os envases das seis salsas. Catro das referencias cambiaron de envase de plástico a envase de vidro e, por outra parte, eliminouse o envoltorio de plástico que cubría os outros dous envases, reducindo de forma significativa a cantidade de plástico utilizado. Tamén se eliminou o plástico da etiqueta pasando a papel e da caixa expositora, que agora é de cartón. Con esta redución de plástico, Mercadona aforra 900 toneladas de plástico ao ano.
As maionesas Hacendado de Mercadona, que se utilizan para acompañar, dippear, aderezar, e cociñar pratos fríos ou quentes, están elaboradas polo Provedor Totaler Salsa Rica nas súas instalacións de Agoncillo, La Rioja.
Formatos de maionesas Hacendado con envases sostibles dispoñibles en Mercadona.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde, e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
A compañía investirá máis de 140 millóns de euros na Estratexia 6.25, un paso adiante no seu compromiso de seguir coidando o Planeta
Mercadona, fiel ao seu compromiso “Si a seguir coidando o Planeta”, ademais de reforzar os seus sistemas xa consolidados de reutilización e reciclaxe de envases comerciais, desenvolve a Estratexia 6.25 para a redución do plástico e a adecuada xestión dos seus residuos.
A estratexia consta de seis accións concretas para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico nos seus envases, que todos os envases de plástico sexan reciclables e reciclar todo os seu residuo plástico.
O desenvolvemento da Estratexia 6.25 leva consigo modificacións en diferentes procesos da compañía, dende o redeseño dos envases do futuro en coordinación cos provedores, á adaptación das tendas e a loxística, a xestión de residuos, etc. En total, Mercadona ten previsto investir máis de 140 millóns de euros nos próximos catro anos para levar a cabo todos os movementos que forman parte da devandita estratexia.
A compañía xa eliminou as bolsas de plástico dun só uso en todas as seccións, que substituíu por bolsas compostables (-3.200 t de plástico ao ano); así como eliminou os produtos desbotables de plástico dun só uso, que substituíu por útiles sostibles fabricados con materiais máis respectuosos co medio ambiente (-3.000 t de plástico ao ano). Durante os próximos anos os envases que utilizará a compañía serán reciclables e seguirá reducindo o plástico nos envases de marca propia en colaboración cos seus provedores. Ademais, a compañía proporcionaralles información aos “Xefes” sobre reciclaxe para impulsar e facilitar a separación de residuos tanto nas tendas como nos fogares.
Mercadona transformou todas as súas tendas ao modelo Tenda 6.25 en 2021
No último ano a compañía cumpriu coas dúas primeiras accións do plan, así como co compromiso de converter todos os seus centros en Tendas 6.25 en menos dun ano, o que supuxo un investimento de 30 millóns de euros.
A ‘Tenda 6.25’ ofrécelles aos Xefes información sobre reciclaxe, novas bolsas de sección, pictogramas indicativos nos envases para facilitar a correcta separación e novas papeleiras para reciclar nas seccións, nas entradas e na sección de Listo para Comer. Ademais, para este novo modelo mellorouse o sistema de xestión de residuos e ampliouse coa recollida de cápsulas de café.
Mercadona irá facilitando información sobre a Estratexia 6.25 na sección ‘Coidemos o Planeta’ da súa web corporativa, onde, ademais, “O Xefe” encontrará contido sobre reciclaxe, sostibilidade e o compromiso medioambiental de Mercadona; tamén visible na memoria de Medio Ambiente da compañía.