Recambio e crema Textura Lixeira de Mercadona

Mercadona aposta polos recambios nos seus produtos de Perfumería para reducir plástico e os seus residuos

11 de abril de 2022
  • Os recambios, tanto para o xabón das mans que supón eliminar máis de 90 toneladas de plástico ao ano, como para a nova liña de cremas faciais, perseguen reducir o desperdicio de envases e abaratar a compra do “Xefe” (cliente).
  • Esta novidade inclúese dentro da Estratexia 6.25 que leva a cabo a compañía para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % o plástico nos seus envases, facelos todos reciclables e reciclar todo o seu residuo plástico.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, e comprometida cos principios da Economía Circular, aposta polos recambios nos seus produtos de Perfumería para reducir plástico e os seus residuos. Esta medida reduce os residuos de envase ao apostar por substituír o recambio unha vez que se esgotou o contido do produto, incentivando desta maneira a reutilización do recipiente orixinal.

En concreto, o recambio do xabón das mans de Deliplus supón eliminar máis de 90 toneladas de plástico ao ano, e a reutilización dos recipientes das novas cremas faciais de Mercadona, elaborados principalmente con vidro, supón evitar a produción de máis de 277 toneladas de vidro ao ano.  

Esta novidade realizouse en colaboración cos Provedores Totaler RNB, Rofersam e Iberfrasa, e enmárcase dentro da Estratexia 6.25 que leva a cabo a compañía dende 2019, para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico nos seus envases, que todos sexan reciclables e xestionar todos os residuos deste material.

Así mesmo, ademais das vantaxes a nivel medioambiental que supón optar polos recambios, a compañía consegue abaratar a compra do “Xefe” (cliente). No caso do recambio das cremas faciais, supón gastar un 50 % menos; e no do xabón das mans, que contén o dobre de cantidade que no envase orixinal, un 23 %.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 350 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal aos que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan. De feito, en 2021, a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 20.600 toneladas de alimentos, un 21 % máis que en 2020.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Mercadona é socia dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Lineal de xabón das mans de MercadonaLineal de xabón das mans de Mercadona.

Recambio e crema Textura Lixeira de MercadonaRecambio e crema Textura Lixeira de Mercadona.

Texto 2 Imagen Tienda 6.25