Att cliente

Outros Temas

O noso compromiso co medio ambiente

O sistema de xestión ambiental de Mercadona está enfocado en reducir os residuos e aproveitar ao máximo os recursos naturais. Por iso contamos cun sistema de xestión de residuos enfocado na prevención, na reutilización e na reciclaxe. Fomentamos a reutilización das bolsas da compra e ofrecemos bolsas feitas con plástico reciclado ou papel, todas elas son á súa vez reciclables. Así mesmo temos un sistema de recollida de residuos que abarca tanto os residuos xerados por Mercadona como outros que o Xefe pode depositar nas tendas, como as pilas, para asegurar a súa correcta xestión. En relación cos envases de plástico, traballamos conxuntamente cos nosos provedores/fabricantes para que todos os nosos produtos cumpran os máis estritos estándares de seguridade alimentaria, sostibilidade e calidade: o noso obxectivo é que cada envase sexa o máis adecuado para cumprir a súa función facendo un uso racional dos recursos e usando diversas estratexias para reducir, alí onde é posible, o plástico utilizado.
Poderás encontrar máis información sobre os nosos compromisos co medio ambiente na nosa memoria anual e na memoria ambiental, dispoñibles en: https://www.mercadona.es/es/conocenos/sala-de-prensa