Roscóns de Reis dispoñibles en Mercadona

Volve o Roscón de Reis Sen Glute e Sen Lactosa de Mercadona

03 de xaneiro de 2022
  • O cliente tamén encontrará os tradicionais roscóns con e sen recheo.
  • O Provedor Totaler Airos é o responsable de elaborar este produto nas súas instalacións situadas en Martorell (Barcelona).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, dentro da súa campaña de Nadal “O mellor para dar o mellor” -onde selecciona unha serie de produtos para que os “Xefes” (clientes) ofrezan aos seus durante estas datas-, pon de novo á venda, a petición dos seus “Xefes” e tras non estar dispoñible o pasado Nadal, o Roscón de Reis Sen Glute e Sen Lactosa.

Este produto, elaborado polo Provedor Totaler Airos nas súas instalacións situadas en Martorell (Barcelona), súmase ao resto de roscóns de Reis tradicionais de Mercadona por estas datas, con recheos de distintos sabores e sen recheo; todos estes, elaborados por La Tahona de Utiel en Utiel (Valencia).

Roscóns de Reis dispoñibles en MercadonaRoscóns de Reis dispoñibles en Mercadona.