Selección de doces de Pascua, dispoñibles en Mercadona

Volve en Mercadona a selección de chocolates para as festas de Pascua con melloras e novidades

08 de abril de 2022
  • A compañía incorpora máis de 14 chocolates distintos con variadas formas e tamaños, que estarán dispoñibles de forma exclusiva nas súas máis de 1.600 tendas ata que rematen as festas.
  • Unha ampla gama para que “O Xefe” poida encontrar o seu doce favorito e celebrar estas festas.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, xa dispón da selección de chocolates de Pascua para que “O Xefe” (cliente) poida encontrar o seu doce favorito e celebrar estas festas. En total, máis de 14 chocolates distintos con variadas formas e tamaños, que estarán dispoñibles de forma exclusiva nas súas máis de 1.600 tendas ata que finalicen as festas.

Dende finais do pasado mes de marzo, o cliente xa pode encontrar as tradicionais figuras de chocolate con leite con forma de balóns, coello ou poliño, ou preparadas nunha variada selección; así como os ovos con sorpresa ou con recheo de chocolates de cores.

Entre as novidades, destaca a Galiña de Pascua, elaborada cun 70 % de chocolate negro; os ovos de abelá; unha oveira chea de ovos de mousse de chocolate con leite; e dúas figuras con forma de coello, unha de chocolate con leite e a outra de chocolate branco.

Así mesmo, entre as melloras, encóntranse os Ovos Choc, onde se incluíron dúas unidades máis respecto ao ano anterior, ou as piruletas de chocolate, por mellorar a súa manexabilidade ao reducir o tamaño do soporte.  

Selección de doces de Pascua, dispoñibles en MercadonaSelección de doces de Pascua, dispoñibles en Mercadona.