Informáticos a traballar co computador

Vagas de emprego para o Departamento de Informática en Mercadona

19 de outubro de 2017

Mercadona precisa incorporar para o seu equipo de Informática, diferentes perfís dirixidos a: Enxeñeiros Técnicos e Superiores en Informática e/ou Telecomunicacións.

Ofertas de emprego para o Departamento de Informática en Mercadona

Mercadona precisa incorporar Enxeñeiros Técnicos e Superiores en Informática e/ou Telecomunicacións.  

O traballador en Mercadona é un activo moi valioso. Mercadona ten como obxectivo dispoñer dun cadro de persoal comprometido coa excelencia no servizo, altamente motivado e aliñado coa visión da compañía para atinxir os obxectivos do proxecto común. O que hoxe é Mercadona é o resultado das ideas e do esforzo de todos: un equipo rebordante de Talento.

Mercadona, que actualmente conta cun cadro de persoal de 79.000 traballadores e traballadoras, aplica unha política de Recursos Humanos recoñecida por ofrecer emprego estable e de calidade, entre outros valores. Grazas a esta política diferencial, Mercadona dispón dun equipo cohesionado, rebordante de talento e con capacidade de mellorar constantemente.

A política de Recursos Humanos de Mercadona ten sido recoñecida pola Organización Internacional do Traballo (OIT)  e é a primeira empresa do sector Distribución no ranking Merco Talento e na Enquisa Adecco "Empresas máis felices para traballar".

Condicións laborais en Mercadona

Se tes un nivel alto de inglés e residencia ou posibilidade de residencia nas localidades onde se ofertan os postos, animámoste a que consultes e compartas as diferentes propostas de emprego en Mercadona para Enxeñeiros Técnicos e Superiores en Informática e/ou Telecomunicacións:

Podes consultar outras ofertas, as condicións e rexistrar o teu currículum no espazo de Emprego da nosa web.