Únete ao noso proxecto! Mercadona precisa incorporar para o seu equipo de Informática, diferentes perfís dirixidos a: Enxeñeir@s Técnicos e Superiores en Informática e/ou Telecomunicacións.
Ofertas de emprego para o Departamento de Informática en Mercadona
Estamos a dar pasos para consolidar o noso proxecto de innovación dixital:
Transformación dixital para estar más preto do “Xefe” (cliente)
O 2017 foi un ano especialmente relevante para Mercadona no ámbito da innovación dixital, ao supor un punto de inflexión claro no seu plan estratéxico. A compañía chegou a un acordo con SAP España para o desenvolvemento e a execución do seu proxecto de transformación dixital, o que lle permitirá acelerar a transformación e mais a optimización de todos os procesos da súa cadea de montaxe e o que suporá a aplicación a grande escala do software e dos servizos de SAP.
Coa incorporación da plataforma SAP S/4 HANA, a compañía disporá de ferramentas que lle proporcionarán información inmediata con análise en tempo real para obter, en todo momento, un dato único e veraz en calquera punto dos seus procesos. Esta información permitiralle a Mercadona anticiparse ás necesidades cambiantes dos seus “Xefes” (clientes) e do mercado, o que facilitará a toma de decisións para satisfacer plenamente os clientes.
Para avanzar con este proxecto Mercadona precisa incorporar Enxeñeir@s Técnicos e Superiores en Informática e/ou Telecomunicacións.
O traballador en Mercadona é un activo moi valioso. Actualmente conta cun cadro de persoal de 84.000 traballadores e traballadoras, aplica unha política de Recursos Humanos recoñecida por ofrecer emprego estable e de calidade, entre outros valores. Grazas a esta política diferencial, Mercadona dispón dun equipo cohesionado, inzado de talento e con capacidade para mellorar constantemente.
A política de Recursos Humanos de Mercadona foi recoñecida pola Organización Internacional do Traballo (OIT) dependente das Nacións Unidas e é a primeira empresa do sector Distribución no ranking Merco Talento 2017 e na Encuesta Adecco "Empresas más felices para trabajar".
Condicións laborais en Mercadona
Se tes un nivel alto de inglés e residencia ou posibilidade de residencia nas localidades onde se ofertan os postos, animámoste a consultares e compartires as diferentes propostas de emprego en Mercadona para Enxeñeir@s Técnicos e Superiores en Informática e/ou Telecomunicacións:
- Project Manager (con inglés)
- Xestor/a Programas aplicacións informáticas Obras (con inglés)
- Xestor/a Métodos de Informática (con inglés)
- Xestor/a Aplicacións Informáticas SAP (con inglés)
- Xestor/a aplicacións informáticas RRHH (con inglés)
- Xestor/a Comunicacións (con inglés)
Podes consultar outras ofertas, as condicións e rexistrar o teu currículo no espazo de Emprego da nosa web.