AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Persoal de mantemento reparando máquina

Vagas de emprego de Mercadona en Madrid

21 de septembro de 2017

Oferta de emprego Mercadona en Madrid

Para cubrir a necesidade de postos fixos para supermercados de Mercadona en Madrid, hai vagas de emprego en Mercadona para persoal de mantemento de supermercado:

Vagas para persoal de mantemento de tenda cos seguintes requisitos:

Candidatos con estudos de FPI, FPII, Grao medio ou Grao superior de electricidade/electrónica/electromecánica/mecánica con coñecementos en instalacións eléctricas. Dispoñibilidade para traballar de luns a sábados en xornada semanal de 40 horas, en quenda de mañá.

Condicións laborais en Mercadona

Mercadona ofrece un contrato fixo desde o primeiro día. Xornada de 40 horas semanais.

Soldo inicial de 1.297 € brutos ao mes, con progresión salarial.

Dispoñibilidade para se desprazar durante 7 semanas ao centro de formación en Valencia. Os gastos xerados polo desprazamento durante a formación en Valencia, aloxamento e manutención van por conta da empresa. Viaxes pagas cada 15 días para a casa (fins de semana).

A compañía encárgase da formación das súas traballadoras e traballadores.

Máis información sobre as Condicións laborais en Mercadona.

As persoas interesadas nas diferentes propostas de emprego de Mercadona en Madrid  poden presentar as solicitudes de emprego na nosa web, apartado "Emprego"  e rexistrar o seu Currículum.