Estudantes universitarios

Vagas de emprego de Mercadona en Galicia

10 de outubro de 2017

Oferta de emprego Mercadona en Galicia

Para cubrir a necesidade de postos fixos para supermercados de Mercadona en Galicia, hai vagas de emprego en Mercadona como persoal de supermercado para traballar as fins de semana na Coruña e Pontevedra:

Xornada parcial de fin de semana:

Candidatos que estean a cursar unha carreira universitaria, que queiran e poidan compaxinar os estudos e o traballo. Dispoñibilidade para traballar venres e sábados (xornada de 15 hrs/semanais) ou luns, venres e sábados (xornada de 20 hrs/semanais). 

Condicións laborais en Mercadona

Mercadona ofrece un contrato fixo desde o primeiro día.

O soldo inicial:

Xornada de 15 horas semanais de 487 € brutos ao mes, con progresión salarial.

Xornada de 20 horas semanais de 649 € brutos ao mes, con progresión salarial.

A compañía toma conta da formación das súas traballadoras e traballadores en todos os postos das seccións de Froitería, Peixería, Carnicería, Chacinería, Forno, Perfumería, Caixas, Reposición, Limpeza, Servizo a domicilio e Mantemento de tenda.

Máis información sobre as Condicións laborais en Mercadona.

As persoas interesadas nas diferentes propostas de emprego de Mercadona en Galicia  poden presentar as solicitudes de emprego na nosa web, apartado "Emprego"  e rexistrar o seu Currículum.