Únete ao noso proxecto! Mercadona necesita incorporar para o seu equipo de Informática, diferentes perfís dirixidos a: Enxeñeir@s Técnicos e Superiores en Informática e/ou Telecomunicacións.
Ofertas de emprego para o Departamento de Informática en Mercadona
Estamos dando pasos para consolidar o noso proxecto de transformación dixital. Para avanzar con este proxecto Mercadona necesita incorporar Enxeñeir@s Técnicos e Superiores en Informática e/ou Telecomunicacións.
Se tes residencia ou posibilidade de residencia nas localidades onde se ofertan os postos, animámoste a que consultes e compartas as diferentes propostas de emprego en Mercadona para Enxeñeir@s Técnicos e Superiores en Informática e/ou Telecomunicacións:
Postos de Enxeñeiros Técnicos:
- Programador/a Loxístico.
- Técnic@ Aplicacións de Aprovisionamento.
- Técnic@ de Comunicacións Almacéns.
- Técnic@ de Comunicacións Tendas.
- Técnic@ de Sistemas de Almacéns.
- Técnic@ de Software de Infraestrutura CPD.
- Técnic@ de Programas Aplicacións Informáticas Financeiras.
- Técnic@ Programa Usuarios.
- Técnic@ Almacéns Bases de Datos e/ou Middleware.
- Técnic@ de Sistemas de Sistemas de Linux CPD
- Técnic@ de Sistemas Windows CPD.
- Técnic@ Información de Xestión.
Postos de Enxeñeiros Superiores (inglés alto):
- Coordinador/a do Proxecto Aplicacións Aprovisionamento.
- Xestor/a de Métodos de Informática.
- Xestor/a Programas Aplicacións Informáticas RRHH.
- Xestor/a Base de Datos.
- Xestor/a Comunicacións CPD.
- Xestor/a Base de Datos Middleware.
- Xestor/a Sistemas CPD.
- Xestor/a Arquitectura Informática Datos.
- Xestor/a Arquitectura Informática Programas.
- Xestor/a Arquitectura Informática Infraestrutura.
- Xestor/a Seguridade Informática.
SAP
- Responsable SAP Basis
- Responsable Integracións SAP
- Responsable Desenvolvementos SAP
- Responsable Formación SAP
- Responsable Operacións SAP
- Administrador/a SAP Basis
- Desenvolvedor/a de integracións SAP
- Desenvolvedor/a de SAP
- Testing SAP
- Formación SAP
- Operacións SAP
Podes consultar estas e outras ofertas, as condicións e rexistrar o teu currículo no espazo de Emprego da nosa web.
Condicións laborais en Mercadona
Mercadona dispón dunha política de Recursos Humanos que aposta polo emprego estable e de calidade, salarios competitivos e fomentar valores como a equidade e a igualdade, entre outros. Grazas a esta política diferencial, Mercadona dispón dun equipo cohesionado, repleto de talento e con capacidade de mellorar constantemente.
Esta política foi destacada por Harvard Business Review, que publicou un estudo sobre a xestión do talento dos traballadores e traballadoras no que Mercadona sobresae por aproveitar “as aptitudes creativas e de resolución de problemas dos traballadores para que suxiran melloras”.
Un ano máis, a política de Recursos Humanos de Mercadona foi novamente recoñecida en 2017 no Estudo Merco Talento e repite no primeiro lugar da clasificación do seu sector; escala tres postos na xeral, ata o sexto lugar, e convértese igualmente na primeira empresa non cotizada do país.
Ademais, a política de Recursos Humanos de Mercadona é destacada pola Organización Internacional do Traballo (OIT), dependente das Nacións Unidas. Para a OIT, a aposta de Mercadona polo emprego estable e de calidade, así como o esforzo que realiza en formación, conciliación, promoción ou a repartición de beneficios son igualmente factores responsables do éxito da súa política de Recursos Humanos.