Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Imaxe nun dos nosos Bloques Loxísticos.

Vacantes de emprego de mozo/a de almacén para Bloques Loxísticos en Mercadona

10 de xaneiro de 2019

Hai postos dispoñibles para traballar nos bloques loxísticos de Mercadona co obxectivo de cubrir as necesidades de persoal: mozo/a de almacén.

Únete ao noso equipo!

Mercadona traballa no desenvolvemento da súa rede loxística co obxectivo de transformala para optimizar todo o seu potencial. Para liderar a eficiencia na súa cadea de subministración, mantén investimentos constantes dende hai máis dunha década, o que lle permitiu non só reforzar a súa eficiencia, senón innovar coa eliminación nos seus bloques de calquera manipulación e sobreesforzo por parte dos traballadores e das traballadoras, o que contribúe a previr e reducir o risco de accidentes laborais. De feito, a compañía consolidou a súa aposta polo traballo de calidade nos almacéns, coa posta en marcha de bloques loxísticos totalmente automatizados, pioneiros no sector, que son, ademais, un motor de competitividade e produtividade.

Para cubrir a necesidade de traballadores nos Bloques Loxísticos de Mercadona, e debido a que o traballador en Mercadona é un dos piares fundamentais, ofrecémosche:

  • Soldo inicial de 1.312€ bruto/mes (para xornada completa).
  • Formación a cargo da empresa en todos os postos.

Para coñecer máis sobre o que che ofrecemos, aquí falámosche sobre Condicións laborais en Mercadona.

Busca as ofertas da túa provincia e inscríbete!