Médico con estetoscopio

Vagas de emprego para médicos en Mercadona

11 de outubro de 2017

Oferta de emprego para médicos en Mercadona

Mercadona precisa incorporar Licenciados/as e/ou Graduados/as en Medicina en Alacante, Albacete, Burgos, Cuenca, Huelva, Madrid e Pamplona.

O traballador en Mercadona é un activo moi valioso. Mercadona ten como obxectivo dispoñer dun cadro de persoal comprometido coa excelencia no servizo, altamente motivado e aliñado coa visión da compañía para atinxir os obxectivos do proxecto común. O que hoxe é Mercadona é o resultado das ideas e do esforzo de todos: un equipo rebordante de Talento.

Mercadona, que actualmente conta cun cadro de persoal de 79.000 traballadores e traballadoras, aplica unha política de Recursos Humanos recoñecida por ofrecer emprego estable e de calidade, entre outros valores. Grazas a esta política diferencial, Mercadona dispón dun cadro de persoal cohesionado, rebordante de talento e con capacidade de mellorar constantemente.

A política de Recursos Humanos de Mercadona ten sido recoñecida pola Organización Internacional do Traballo (OIT)  e é a primeira empresa do sector Distribución no ranking Merco Talento e na enquisa Adecco "Empresas máis felices para traballar".

Condicións laborais en Mercadona

As persoas interesadas nas diferentes propostas de emprego en Mercadona para Licenciados/as e/ou Graduados/as en Medicina en Alacante, Albacete, Burgos, Cuenca, Huelva, Madrid e Pamplona poden consultar as condicións e rexistrar o seu currículum no espazo de Emprego da nosa web.