Café Americano Hacendado de Mercadona

UCC Coffee Spain traslada a liña de produción do Café Americano de Mercadona de Xapón a Logroño

15 de xaneiro de 2021
  • O produto é unha forma sinxela e práctica de tomar un café de filtro tipo americano sen a necesidade de ningunha cafeteira.
  • A compañía realiza sesións de coinnovación cos clientes afeccionados ao café, que gozan co seu sabor e co seu ritual de preparación.
  • O Provedor Totaler inviste máis de 250.000 € co dobre obxectivo de minimizar o impacto medioambiental e mellorar o servizo ao cliente.

UCC Coffee Spain, Provedor Totaler de Mercadona especializado en café moído e café en gran, traslada a liña de produción do Café Americano da marca Hacendado de Xapón a Logroño (La Rioja). O fabricante inviste máis de 250.000 € neste cambio, co dobre obxectivo de minimizar o impacto medioambiental e mellorar o servizo ao “Xefe” (cliente), ao gañar en proximidade e aproximación loxística. 

O produto, dispoñible en todas as tendas da compañía (salvo Canarias por non haber hábito de consumo), é unha forma sinxela e práctica de tomar un café de filtro tipo americano sen a necesidade de ningunha cafeteira.

Roberto Vilanova, especialista en café de gran e café moído de Mercadona, destaca que “dende a implantación deste peculiar café, a compañía mantivo sesións de coinnovación cos clientes afeccionados a esta bebida, que gozan descubrindo o seu sabor e o seu ritual de preparación, xa que en só tres minutos teñen listo un exquisito café americano. Está pensado para gozar no momento”.

Café Americano Hacendado no lineal de MercadonaCafé Americano Hacendado no lineal de Mercadona.

Café Americano Hacendado de MercadonaCafé Americano Hacendado de Mercadona.

Logo EActiVate