- Estas bebidas ofrecen as mellores solucións para os que buscan gozar sen azucres engadidos e 0 % materia graxa ou para os que prefiren unha bebida vexetal sen leite ni derivados de orixe animal.
- O Provedor Totaler Productes del Moianès é o responsable de elaborar estes produtos nas súas instalacións de Moià (Barcelona).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrécelles aos “Xefes” (clientes) Quefir ao Natural 0 % Materia graxa e de Coco de Hacendado para satisfacer a demanda dos que buscan as propiedades probióticas deste produto de diferentes maneiras.
O Quefir ao Natural 0 % Materia graxa de Mercadona ofrece unha solución sen azucres engadidos desnatada, líquida, fácil e rápida de consumir soa ou como base para facer batidos con froitas e cereais. No caso do Quefir de Coco de Mercadona, é a primeira solución vexetal bebida que ofrece Mercadona, adozada con agave, e especialmente indicado para veganos e vexetarianos, apto para os intolerantes á lactosa e alérxicos á proteína do leite.
Estas variedades de Quefir ao Natural e de Coco son elaboradas polo Provedor Totaler Productes del Moianès nas súas instalacións de Moià (Barcelona).
As variedades de Quefir ao Natural e de Coco de Hacendado.