Presentámosche dous novos Quefir líquidos: Natural desnatado 0 % e Vexetal Coco.

Coñeces os nosos novos Quefir líquidos?

14 de septembro de 2022

O quefir é un derivado lácteo de orixe ancestral, beneficioso para o noso organismo por ser un alimento probiótico. Cada vez conta con maior aceptación e máis modalidades preparadas para o seu consumo.

Para satisfacer ao público que prefire este produto na súa versión máis líquida, presentamos estas dúas novas opcións de quefir: Natural desnatado 0 % e Vexetal con sabor a coco.

Quefir natural 0 %

Quefir desnatado de vaca. Dirixido ás persoas que prefiren as propiedades probióticas do quefir, pero na súa versión desnatada. Ademais, está orientado ao público que busca unha solución sen azucres engadidos líquida, fácil e rápida de consumir.

Características e forma de emprego

  • Quefir líquido desnatado. Sen burbullas.
  • Axita a botella antes de consumir.
  • Conserva en refrixeración entre 0°C e 6°C.
  • Perfecto para tomar só ou como acompañamento dun almorzo ou dunha merenda.
  • Pódese utilizar como base para facer batidos con froitas/cereais.

Quefir Vexetal Coco

Un quefir con sabor a coco dirixido ás persoas que buscan as propiedades probióticas do quefir nunha base de bebida vexetal. É ideal para dietas veganas, non contén leite nin derivados de orixe animal. De consumo fácil e moi cómodo.

Ademais, é a primeira solución vexetal bebida que ofrecemos en Mercadona.

Características e forma de emprego

  • Bebida de coco fermentada con quefir. Adozada con agave.
  • Axita a botella antes de consumir.
  • Conserva en refrixeración entre 0 °C e 6 °C.
  • Perfecto para tomar só ou como acompañamento dun almorzo ou dunha merenda.

Outras recomendacións

Refréscate coas nosas Orchatas e coa bebida de canela e limón.