- O Bimi é un vexetal de proximidade de sabor suave e doce que se cultiva en varias zonas de España.
O Bimi, o vexetal de moda, xa en Mercadona. Cun sabor suave e doce. Caracterízase por posuír un talo verde similar ao do espárrago e unha cabeza floral moi semellante á do brócoli.
Un vexetal cargado de propiedades saudables que contén nutrientes esenciais entre os que salientan o Potasio, Calcio, Zinc, o Ácido Fólico, Antioxidantes, Vitamina C, Vitamina B6…
Poñémoscho doado xa que encontrarás o bimi de Mercadona en bandexas, listo para cociñar!
Dispoñible na nosa sección de Froita e Vexetais dos supermercados Mercadona da Península e as Baleares.
Como se consome o Bimi de Mercadona?
O padal e a versatilidade deste vexetal permiten empregalo nunha morea de receitas, quer en saladas, quer como prato principal ou a acompañar as carnes ou os peixes.
Podes consumilo como preferires: cru, salteado, fervido, ao vapor… como quixeres.
Podes realizar multitude de pratos que inclúen o Bimi como ingrediente, moitos chefs de prestixio úsano en moitas das súas receitas. A que agardas para o probar? Achégate ao teu Mercadona máis próximo.
Onde se cultiva o Bimi de Mercadona?
O bimi de Mercadona cultívase en campos da Rexión de Murcia e en varias zonas do litoral mediterráneo (desde Tarragona a Cartaxena) para asegurar a súa máxima calidade e frescura. No período de estío tamén se cultiva nas zonas altas de Jumilla, Caravaca de la Cruz ou Albacete.
Os fornecedores especialistas Agrupación Hortofrutícola Lucas, Grupo Agromediterránea e a Sociedad Cooperativa Sacoje, localizados na provincia de Murcia, son os encargados de lle subministraren este produto coa súa máxima calidade e frescura a Mercadona.
Mercadona, comprometida cos produtos españois, apoia a iniciativa "Fruta y Verdura de aquí y de ahora" do Ministerio de Agricultura para recomendar o consumo de froitas e vexetais de xeito regular. As froitas e os vexetais, caracterizados pola súa calidade, sabor e variedade, achegan vitalidade ao organismo.
Ademais, no marco do seu compromiso co sector primario español, Mercadona colabora con 8.000 agricultores, 12.000 pescadores e 4.800 gandeiros.