Repelente en spray no liñal de Mercadona

Os produtos antimosquitos de Mercadona aumentan as súas vendas un 90% polos cambios de hábitos do consumidor

21 de maio de 2020
  • As vendas destes produtos, en concreto do Repelente Insectos en spray e do Alivio Picaduras en roll-on, soben porque o cliente aumentou os paseos en horas tardías respecto a outros anos.
  • O Repelente Insectos en spray é elaborado por Korott en Alcoi (Alicante) e o Alivio Picaduras en roll-on por SPB en Cheste (Valencia).

As vendas de produtos antimosquitos de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda online, aumentan un 90% respecto a outros anos polos cambios de hábitos do consumidor, porque actualmente o cliente aumentou os paseos en horas tardías.

En concreto destaca o Repelente Insectos en spray de Mercadona, elaborado por Korott en Alcoi (Alicante) e dispoñible en todas as tendas de España, por ser un forte repelente contra mosquitos e mosquitos tigres. En marzo de 2019 reforzou a súa eficacia pasando de 4 a 6 horas de protección e adaptouse o envase a formato viaxe, pasando de 125 ml a 100 ml.

Por outro lado, o Alivio Picaduras en roll-on de Mercadona, elaborado por SPB en Cheste (Valencia) e dispoñible en toda a cadea, utilízase para aliviar a pel tras a picadura de insectos —como mosquitos—, medusas e plantas urticantes. Este produto caracterízase por conter mentol que aporta sensación de frescor, e porque os seus compoñentes xeran unha película protectora sobre a pel irritada, deixando unha sensación suave sobre a mesma.

Alivio Picaduras en roll-on no liñal de MercadonaAlivio Picaduras en roll-on no liñal de Mercadona.

Esprai-motako uxagarria, Mercadonaren linealeanRepelente Insectos en spray no liñal de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará