Descubre a nosa ampla selección de Biscoitos e madalenas

Exquisita variedade de Biscoitos e madalenas para os teus momentos doces

15 de febreiro de 2024

Que mellor maneira de adozar os teus días especiais que coa nosa ampla variedade de Biscoitos e madalenas? Ten un capricho e ponlle o toque doce e esponxoso ao teu almorzo ou á túa merenda.

Que opción de biscoito che gusta máis? De chocolate, de iogur, sen glute, con noces...? Tamén temos madalenas sen glute e sen lactosa, muffins de chocolate, madalenas ao cacao, valencianas, sen azucres engadidos, etc. Converte cada bocado nunha experiencia única.

Queres coñecer mellor a nosa exquisita familia de Biscoitos e madalenas?

Encontra os teus Biscoitos e madalenas favoritos en Mercadona. Ampla selección

Biscoito de chocolate sen glute e sen lactosa

Goza do zume do Biscoito de chocolate sen glute e sen lactosa con pebidas de chocolate, que se reparten por todo o biscoito para asegurar a intensidade do chocolate en cada bocado. Ideal para todos os amantes do chocolate xa que é apto para celíacos e intolerantes á lactosa. Irresistible!

Bizcocho de chocolate sin gluten y sin lactosa Mercadona

Biscoito de iogur e biscoito con azucre moreno e noces

Experimenta un pracer incomparable en cada bocado. O biscoito de iogur conquístache pola súa esponxosidade e tenrura, mentres que o de azucre moreno e noces é un manxar que combina o sabor característico do azucre moreno coa textura crocante das noces. Ningún dos dous leva conservantes nin colorantes.

Bizcocho de yogur y bizcocho con azúcar moreno y nueces Mercadona

Biscoitiños

Tres opcións, cada unha máis tentadora ca a outra, para aqueles que prefiren gozar do sabor a biscoito en tamaños máis pequenos.

Bizcochitos Mercadona

  • Biscoito recuberto de chocolate sen glute: 4 biscoitiños por paquete.
  • Biscoitos ao ovo, inclúe 4 paquetes con 14 biscoitos cada un. Ideal para acompañar os teus almorzos ou as túas merendas especiais e para elaborar un rico tiramisú, é un dos ingredientes principais!
  • Bocadiños bañados ao cacao: 6 unidades que veñen cunha parte bañada e outra non.

Madalenas con chocolate e cacao

Os apaixonados do chocolate teñen tamén madalenas que se axustan aos seus gustos: con pebidas, ao cacao o incluso muffins de chocolate.

Magdalenas con chocolate y cacao Mercadona

  • Madalenas ao cacao: as nosas madalenas cor chocolate son unha opción diferente que conta con 9 madalenas envasadas individualmente.
  • Minimadalenas con pebidas de chocolate. A opción mini para degustar unha madalena de chocolate que podes levar a calquera sitio grazas tamén ao seu envase individual.
  • O noso irresistible Muffin de chocolate podes encontralo na sección de Forno, perfecto para días especiais.
  • Madalenas con pebidas de chocolate: preséntanse nunha bolsa de 8 unidades e pódelas encontrar tamén na nosa sección de Forno.

Madalenas e valencianas

Descubre unha rica e variada selección de madalenas e valencianas para todos os gustos.

Magdalenas y valencianas Mercadona

  • Bolsiña de madalenas de 16 unidades, dispoñible na sección de bolería.
  • Valencianas: a súa forma peculiar fainas perfectas para mollar en leite, están riquísimas!
  • Madalenas con azucre: selección de 8 madalenas con azucre que podes encontrar na sección de Forno.

Sobaos

Sobaos Mercadona

Este popular biscoito adozará os teus almorzos dunha maneira deliciosa.

Goza da súa textura esponxosa e co grosor perfecto para mollalo no leite. Cada paquete de sobaos conta con 18 unidades, perfectos para telos como un básico na despensa.

Madalenas sen glute e madalenas integrais 0 % azucres engadidos

Non podían faltar as opcións sen glute de madalenas, para que ninguén quede sen gozar destes doces caprichos. Tampouco a alternativa integral 0 % azucres engadidos.

Magdalenas sin gluten y magdalenas integrales 0% azúcares añadidos Mercadona

  • Madalenas sen glute e sen lactosa: 6 unidades. Veñen cun envase individual que facilita o seu consumo e mantén a súa textura.
  • Madalenas integrais 0 % azucres engadidos. Paquete de 8 envases individuais de madalenas.

Outras recomendacións

Se che apetece un almorzo ou unha merenda con Chocolate, propoñémosche varias opcións.

Para os teus almorzos e merendas máis equilibrados, aquí tes a nosa Selección de cereais.

Coñeces as nosas variedades de Pauciños de pan enfornados? Son ideais para picar entre horas e para levalos a calquera parte.