Olivas Hacendado que reforzaron a súa calidade

Olivas Hacendado que reforzaron a súa calidade

15 de xullo de 2022
  • O recheo das olivas con Pemento e Jalapeños ten nova receita, mentres que a Oliva Negra Sen Óso é máis saborosa, grande e de cor máis intensa. Ademais, seguindo tamén o gusto dos “Xefes” (clientes), as Olivas Chupadedos estrean formato en lata para podelas levar a calquera parte.
  • Os Provedores Totaler como La Española (Alcoi, Alacant), Olispania (Los Rojales, Murcia), Aceitunas Guadalquivir (Morón de la Frontera, Sevilla) e Dcoop (Antequera, Málaga), entre outros, elaboran as distintas variedades.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a calidade das Olivas Hacendado, escoitando os gustos dos “Xefes” (clientes). Concretamente, renovouse a receita do recheo das olivas con Pemento e as de Jalapeños; a Oliva Negra Sen Óso é máis saborosa, grande e de cor máis intensa; e as Olivas Chupadedos estrean formato en lata para podelas levar a calquera parte.

As distintas variedades de olivas de Mercadona son elaboradas polos Provedores Totaler La Española (Alcoi, Alacant), Olispania (Los Rojales, Murcia), Aceitunas Guadalquivir (Morón de la Frontera, Sevilla) e Dcoop (Antequera, Málaga).

Máxima calidade ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Olivas Hacendado que reforzaron a súa calidadeOilvas Hacendado que reforzaron a súa calidade.