-
A compañía empezou a implantar este produto en outubro do ano pasado e, en menos dun ano, xa está dispoñible en toda a cadea.
O Provedor Totaler Alberto de Miguel é o responsable de elaborar este produto nas súas instalacións situadas en Autol (La Rioja).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda o Tomate Seco Hidratado con Aceite e Especiado Hacendado en toda a cadea, tras o éxito obtido durante o inicio da súa implantación progresiva, que comezou en outubro do ano pasado.
O Tomate Seco Hidratado de Mercadona, desenvolvido en colaboración co Provedor Totaler Alberto de Miguel nas súas instalacións situadas en Autol (La Rioja), xorde tras as sesións de coinnovación que a compañía mantén cos “Xefes” (clientes), onde ve e observa como estes cociñan e se fai consciente das súas necesidades. Grazas a estas experiencias, Mercadona desenvolveu este tomate listo para usar e consumir en pratos como pizzas, ensaladas ou torradas.
Tomate seco hidratado, con aceite e especiado, no lineal de Mercadona.