Aprende a preparar 3 deliciosas receitas con Tomate seco e descubre as melloras de calidade que realizamos neste produto.

3 deliciosas receitas con Tomate seco. Melloramos a súa calidade!

30 de septembro de 2021

Coñeces o noso Tomate seco hidratado con aceite de oliva e especiado? É un produto habitual na cociña mediterránea, unha excelente alternativa ao tomate fresco, cun sabor moi característico.

Permite unha ampla versatilidade de consumo (salsas, ensaladas, gornicións, patés…) e uns excelentes resultados á hora de servilo á mesa. Ademais, é un produto apto para veganos.

Melloras de calidade

Melloramos a súa calidade para ofrecer un produto cunha mellor textura e máis apetecible. Ademais, incorporamos máis cantidade de aceite de oliva para achegarlle mellor sabor e olor.

Comproba as melloras no noso Tomate seco incorporándoo aos teus pratos para darlles máis sabor.

Paso a paso para elaborar as nosas receitas con tomate seco

Sobrasada vegana

Imagen Texto 1 Tomate seco

  • Nun batedor engade un bote enteiro do tomate seco (aceite incluído), unha culleradiña e media de pemento doce, ½ culleradiña de pemento picante, un toque de allo en po e 60 g de améndoa moída.
  • Bate todo ata que quede ben mesturado e con textura uniforme.
  • Unta para preparar diferentes aperitivos:
    • Pan torrado 100 % espelta con sobrasada vegana e ceboliño picado.
    • Pan torrado 100 % espelta con sobrasada vegana, queixo feta e mel.
    • Minitortaletas de sobrasada con brotes de herba dos cóengos e olivas negras picadas.

Ensalada con Tomate seco

Imagen Texto 2 Tomate seco

  • Nun recipiente con profundidade, bota todos os ingredientes: herba do cóengos, eiruga, tomate seco enteiro, noces picadas, mazá en rodas e queixo feta.
  • Adereza cunha vinagreta utilizando o aceite propio do tomate, mel e vinagre segundo che guste.

Pasta con salsa de Tomate seco

Imagen Texto 3 Tomate seco

  • Pon abundante auga a ferver. Cando ferva, engade unha cullerada sopeira de sal e 200 g de espaguetes. Coce a pasta durante 5 minutos. Reserva auga de cocción dos espaguetes.
  • Lamina 1 ou 2 dentes de allos finamente e engade a unha tixola (co lume apagado) xunto a ½ chile picado moi fino. Engade 5 culleradas de aceite, acende a chama a baixa intensidade e espera a que os allos bailen.
  • Cando tomen cor, engade 6 tomates secos cortados en tiras. Refoga un par de minutos e, a continuación, engade os espaguetes escorridos á tixola.
  • Mestura os espaguetes co resto de ingredientes durante un minuto e engade un cullerón da auga de cocción que reservamos. Refoga uns minutos a lume medio ata obter unha textura cremosa.
  • Refoga a mestura continuamente a lume medio buscando que o zume ligue cremoso na cantidade desexada e a pasta estea cocida ao noso gusto. Podes engadir máis auga da cocción da pasta se é necesario.
  • Cando estean listos, engade 2 culleradas de perexil picado, remove e bota no prato.
  • Coroa con parmesano ou co queixo que máis vos guste.

Outras recomendacións

Bota unha ollada a estas Receitas con tomate natural dobre concentrado, barutado e para untar.