Bote de Tahini de Hacendado dispoñible en Mercadona

O Tahini de Mercadona triunfa pola súa versatilidade en todo tipo de receitas

04 de febreiro de 2022
  • Ideal para torradas, acompañar con froita ou ensaladas, dipear con pan de pita ou como ingrediente para elaborar Hummus ou Baba Ganoush, suma máis de 3.250 botes vendidos ao día.
  • O Provedor Totaler Laboratorios Almond elabora este produto nas súas instalacións de Librilla (Región de Murcia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrécelles aos “Xefes” (clientes) o seu Tahini de Hacendado, elaborado ao 100 % con sementes de sésamo e do que vende 3.250 botes ao día.

Ingrediente clave para elaborar diferentes receitas como Hummus ou Baba Ganoush, tamén se pode consumir untándoo en torradas, acompañando a froitas e ensaladas, ou para dipear con pan de pita.

O Tahini é bo para o corazón grazas á súa achega de graxas non saturadas e ácidos graxos esenciais como o ácido oleico, ademais de ser un alimento moi beneficioso para o tránsito intestinal, xa que achega grandes cantidades de fibra. O Provedor Totaler Laboratorios Almond elabórao nas súas instalacións de Librilla (Región de Murcia).

Bote de Tahini de Hacendado dispoñible en MercadonaBote de Tahini de Hacendado.