Ampolas faciais Prevent Age Skin Deliplus con proteoglicanos

O novo tratamento antiidade de Mercadona vende 2.800 unidades ao día

13 de xullo de 2020
  • As ampolas faciais Prevent Age Skin Deliplus con proteoglicanos desenvolvéronse a través da coinnovación conxunta con 50 “Xefes” (clientes).
  • O produto, elaborado polo Provedor Totaler RNB, ofrece os efectos da cosmética profesional.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforzou a súa selección de tratamentos intensivos antiidade coas ampolas faciais Prevent Age Skin Deliplus con proteoglicanos. O produto, do que a cadea de supermercados vende 2.800 unidades diarias, desenvolveuse tras captar a necesidade a pé de tenda e grazas ás achegas de medio cento de “Xefes” (clientes) cos que a compañía realizou diferentes probas co obxectivo de definir o produto final.

As ampolas faciais Prevent Age Skin con proteoglicanos de Mercadona están dispoñibles dende principios do mes de xullo en toda a cadea e combinan os efectos dun tratamento cosmético profesional e os dun sérum, achegando elasticidade e hidratación á pel.

A fórmula deste tratamento intensivo elaborado polo Provedor Totaler RNB nas súas instalacións de La Pobla de Vallbona (Valencia), contén proteoglicanos, un potente activo antiidade que estimula a renovación celular e promove a produción de ácido hialurónico. Entre os seus compoñentes tamén se inclúe o coláxeno, que aumenta a hidratación e elasticidade cutánea, e un complexo natural, derivado de plantas, que potencia a hidratación da pel. As novas ampolas faciais son aptas para todo tipo de peles e están dispoñibles en formato de 10 unidades de 2 mililitros cada unha.

Ampolas faciais Prevent Age Skin con proteoglicanos nun lineal de MercadonaAmpolas faciais Prevent Age Skin con proteoglicanos nun lineal de Mercadona.

Logo EActiVate