O novo snack Mixbeans Edamame & Soia de Hacendado

O novo snack saudable de edamame e soia de Mercadona vende 6.000 unidades ao día

20 de xullo de 2020
  • Nutricionalmente moi completo, “O Xefe” (cliente) destaca o seu sabor e a sensación de fartura que deixa grazas ao seu alto contido en proteína e fibra, e pouco sal.
  • O refrixerio foi desenvolvido polo Provedor Totaler Menken Orlando.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforzou a súa variedade de snacks saudables cos novos Mixbeans Edamame & Soia de Hacendado, dos que venden preto de 6.000 unidades diarias. Trátase dunha mestura de feixóns de soia brancos, verdes e negros, torrados e cun pouco sal.

Esta innovación está moi valorada entre os clientes por ser un refrixerio saudable e ideal para consumir en calquera momento do día ou para engadilo a pratos e ensaladas, pois achega un toque crocante.

Nutricionalmente moi completo, o seu alto contido en proteína e fibra fai que dea sensación de fartura. Elaborado polo Provedor Totaler Menken Orlando, de Rotterdam (Holanda), preséntase en bolsas de 100 gramos.

O novo snack Mixbeans Edamame & Soia de HacendadoO novo snack Mixbeans Edamame & Soia de Hacendado.

Logo EActiVate