O novo Snack de Millo sabor Barbacoa no lineal de Mercadona

O novo snack de millo de Mercadona vende máis de 13.100 unidades diarias

12 de agosto de 2020
  • O aperitivo encóntrase dispoñible nas máis de 1.600 tendas da cadea dende finais de xuño.
  • O Provedor Totaler Grefusa é o encargado de fabricar o Snack de Millo sabor Barbacoa baixo a marca Estrella.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, continúa ampliando a oferta de aperitivos coa incorporación do Snack de Millo sabor Barbacoa. O novo aperitivo, do que a compañía vende 13.100 unidades diarias, está presente nos lineais das máis de 1.600 tendas da cadea dende finais do pasado mes de xuño.

Esta novidade, incorpórase despois de que a compañía captase cos seus “Xefes” (clientes) ao pé da tenda a necesidade de ofrecer un snack de millo con aroma barbacoa. O Snack de Millo sabor Barbacoa de Mercadona véndese en bolsas de 140 gramos e está recibindo unha excelente acollida dende que se comezase a implantar o pasado mes de abril nos supermercados da cadea.

O Provedor Totaler Grefusa elabora este produto en exclusiva para Mercadona baixo a marca Estrella nas súas instalacións de Alzira, Valencia.

O novo Snack de Millo sabor Barbacoa no lineal de MercadonaO novo Snack de Millo sabor Barbacoa no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate